PuntoGal e o Clúster do Ecommerce Galego asinan un convenio de colaboración
24 de xaneiro de 2023 I Os presidentes da Asociación PuntoGal, Manuel González González e do Clúster do Ecommerce Galego, Xosé Luis Reza, asinaron un convenio de colaboración
Todo listo para o torneo de Nadal de Fútbol Gaélico en Trazo
Este venres día 16 en Viaño Pequeno (Trazo), desde as 10 da mañá ata 1 da tarde, terá lugar a festa que pecha o ano para as escolas que estiveron gozando do fútbol gaélico nos pasados meses na comarca compostelana.
Amplíase o prazo de presentación de candidaturas para os Premios Spin-Off PuntoGal ata o 30 de setembro
Empresas e grupos de investigación poden optar a uns galardóns que distinguen as propostas máis innovadoras ata as 18:00 horas do venres 30 de setembro
PuntoGal patrocina o encontro de Fanzines e Autoedición Vaia Vaia en Lugo
O encontro terá lugar na praza de abastos de Lugo os días 24 e 25 de setembro e contará con máis de corenta postos, actividades e concertos
PuntoGal patrocina o espazo dedicado ao videoxogo galego no novo MUVi de Cangas
8 de Setembro de 2022 I A sala do videoxogo galego permite un percorrido polos títulos máis coñecidos e influentes realizados en Galicia desde os anos oitenta, sen esquecer os últimos éxitos e as contribucións a outros proxectos.
PuntoGal patrocina o campionato europeo de fútbol gaélico de Pontevedra
PuntoGal e a Asociación Galega de Fútbol Gaélico asinaron un convenio mediante o cal PuntoGal patrocinará o Campionato Europeo deste deporte.
Os galardóns Spin-Off PuntoGal premiarán a empresas innovadoras e grupos de investigación na súa sexta edición
O Dominio PuntoGal e o portal GCiencia veñen de convocar a sexta edición dos Premios Spin-Off PuntoGal, que recoñecen as iniciativas mais innovadoras xurdidas no ámbito das tres universidades públicas galegas
PuntoGal e A Real Academia Galega premian nove microrrelatos: da pandemia á perda da memoria e a descuberta infantil do galego
Vidas roubadas, as feridas da vellez na memoria, a descuberta da lingua de acollida, mesmo unha coreografía astronómica e, sempre, a capacidade de cativar e abraiar.
PuntoGal apoia os contidos en galego
PuntoGal patrocina contidos de divulgación de diferentes ámbitos culturais, onde se mezclan entrevista, debate, faladoiro e moito máis. Todos eles os podes seguir nas diferentes redes sociais, e sobre todo, nas que están adicadas a contido puramente en galego.
PuntoGal axuda na conservación da tradición oral
Descobre os máis de 25000 audios e cancións gardadas no Museo do Pobo Galego. PuntoGal axuda a dixitalizar estes fondos.
PuntoGal e Recuncho Gamer lanzan un Dicionario Gamer en galego en vídeos dun minuto
Hoxe mesmo se pode consultar o primeiro vídeo en recunchogamer.gal, e se irá engandindo un novo cada mércores, comezando mañá día 20.
PuntoGal e videoxogo.gal asinan un acordo de colaboración
Grazas a este acordo, as empresas e profesionais socias de videoxogos.gal poderán obter un dominio .gal a prezos reducidos