Proxectos destacados
PuntoGal visita o MUVI de Cangas, con máis de 2.000 videoxogos para probar e coñecer
O equipo de PuntoGal visitou a pasada semana o Museo do Videoxogo, MUVI (muvi.gal), entidade coa que colabora desde os seus inicios
Éxito das feiras de autoedición en Galicia, co apoio de PuntoGal
Un dos obxectivos da acción corporativa de PuntoGal é o apoio á cultura e a á lingua, así como á actividade económica que xera. O caso da autoedición é un exemplo no que as iniciativas artísticas atopan viabilidade económica con forma de evento aberto ao público.
PuntoGal e a Real Academia Galega entregan os premios do VI Concurso de microrrelatos
Entre todas suman un feixe de liñas e pouco máis de setecentas palabras, pero abondan para abordar grandes temas universais da vida e da literatura
PuntoGal patrocina o campionato europeo de fútbol gaélico de Pontevedra
PuntoGal e a Asociación Galega de Fútbol Gaélico asinaron un convenio mediante o cal PuntoGal patrocinará o Campionato Europeo deste deporte.
Os galardóns Spin-Off PuntoGal premiarán a empresas innovadoras e grupos de investigación na súa sexta edición
O Dominio PuntoGal e o portal GCiencia veñen de convocar a sexta edición dos Premios Spin-Off PuntoGal, que recoñecen as iniciativas mais innovadoras xurdidas no ámbito das tres universidades públicas galegas
PuntoGal axuda na conservación da tradición oral
Descobre os máis de 25000 audios e cancións gardadas no Museo do Pobo Galego. PuntoGal axuda a dixitalizar estes fondos.
PuntoGal e Recuncho Gamer lanzan un Dicionario Gamer en galego en vídeos dun minuto
Hoxe mesmo se pode consultar o primeiro vídeo en recunchogamer.gal, e se irá engandindo un novo cada mércores, comezando mañá día 20.
Os proxectos, prioritarios en PuntoGal
A colaboración en proxectos é un dos fíos conductores prioritarios na acción de PuntoGal. O dominio dedica unha parte importante do seu labor diario en colaborar ou difundir proxectos que entendemos relevantes para a lingua, a cultura ou a rede en Galicia. Xunto coa venda de dominios e a representación de Galicia diante das entidades que xestionan a rede, o programa corporativo de apoio a iniciativas do país forma parte do noso ADN.