Novas destacadas
Do relato negro á alegría de aprender o galego: PuntoGal e a Real Academia Galega premian nove historias de autoras e autores entre os 11 e os 70 anos
Sonia Corral Franco (1979), veciña de San Sadurniño, fíxose co primeiro premio na categoría de persoas adultas. Marcos Taracido (1971), residente en Teo; e Lara Costas (2004), de Redondela, foron distinguidos co segundo e co terceiro, respectivamente.
O fútbol gaélico galego continúa medrando e consolida as súas aspiracións internacionais
Durante os últimos meses, os equipos galegos de fútbol gaélico demostraron o talento deportivo da nosa comunidade fronte a Europa. Cos Xogos Mundiais de Fútbol Gaélico (GAA World Games) ao virar a esquina, a selección galega conseguiu saír triunfal dos últimos torneos celebrados nesta disciplina deportiva.
PuntoGal impulsa a autoedición en Galicia co patrocinio do FunFunFun, Autobán e Vaivavaia
As tres grandes citas da autoedición galega, apoiadas polo dominio, enchen o verán de creatividade desde Compostela, A Coruña e Lugo, movilizando un total de máis de 200 creadores.
O legado das cantareiras, a refuxio no Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) do Museo do Pobo Galego
PuntoGal axuda a manter vivo este proxecto, onde artistas como De Ninghures, Faia ou Caamaño e Ameixeiras atopan inspiración
O presidente de PuntoGal reivindica no Parlamento o dominio como “carné de identidade” na rede
Unha delegación da entidade que xestiona o identificador de Galicia en internet reuniuse co presidente da institución e cos representantes de todos os grupos parlamentarios para conmemorar os dez anos do .gal
Seis rapaces da Coruña, Lugo, Santiago de Compostela, Cambre e Castrelo de Miño gañan o VII concurso de microrrelatos da RAG e PuntoGal nas categorías infantil e xuvenil
A morte, a violencia de xénero, a tenrura, a autopercepción ou a guerra de Gaza son algúns dos temas abordados nos relatos gañadores e finalistas na categoría xuvenil e infantil do VII Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega e Puntogal
PuntoGal promove a divulgación da colección téxtil do Museo do pobo galego
O dominio, en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua,premia cinco deseños das estudantes do CIFP Leixa inspirados pola colección téxtil do Museo. Produciranse dez mil copias de bonecas de papelpara entregar no museo de xeito gratuíto.
PuntoGal reforza o seu apoio decidido ao fútbol gaélico cun novo convenio de patrocinio
O novo acordo fai especial fincapé no deporte de base mediante as GaélicoEscolasPuntoGal e nas seleccións galegas femininas e masculinas e a súa proxección internacional
PuntoGal colabora por sétimo ano consecutivo coa FIRST LEGO League Galicia
A competición fomentea os valores de cooperación e compañerismo