PuntoGal, unha necesidade vital para a Galicia do século XXI
Por fin, Galicia ten un identificador en Internet, un carnet de identidade que lle dá visibilidade. E debemos de ser conscientes da transcendencia desta realidade na aldea global da sociedade da información e do coñecemento.
PuntoGal é un factor de cohesión social, que nos recorda que somos un pobo cunha lingua e cunha cultura propias, que se foi constituíndo ao longo de moitos séculos e que desexa un proxecto común para o futuro. É un elemento que reforza a nosa identidade, que nos une a todos os galegos, os da Galicia administrativa, pero tamén os galegos de lingua e de cultura que están fóra dela, tanto estremeiros como de países de Europa e de América a onde moitos galegos tiveron que se desprazar en busca dunha vida mellor.
PuntoGal é a fiestra pola que nos asomamos ao mundo e que nos permite difundir a existencia dunha Galicia moderna, dinámica, creadora. É a luz que nos proxecta a través do ciberespazo desde este pequeno recanto da Península Ibérica ata os lugares máis recónditos do mundo PuntoGal é un instrumento que xera riqueza como identificador da calidade das materias primas e dos produtos de creación galega.
Pero tamén a propia xestión deste dominio crea riqueza para Galicia, xa que todos os beneficios que poida xerar reverten integramente no noso país, na promoción das TIC, na promoción da lingua e na promoción daqueles elementos que contribúan a facer máis visible a nosa identidade.
PuntoGal permítenos incidir na gobernanza da ICANN, a corporación de beneficio público dedicada a manter unha Internet segura, estable e interoperable, para que estea sempre ao servizo dos pobos e das persoas, e para que nas súas actuacións se teñan presentes tamén os dereitos e as necesidades das minorías e das linguas de pequena dimensión.
PuntoGal ten vocación de ser o dominio en Internet de todos os galegos, é o teu dominio. É Galicia proxectada en todo o Universo, somos NÓS no presente cos ollos postos no futuro.
Manuel González González
Presidente da Asociación PuntoGal

Formación da promotora

Un grupo de traballo organizouse como Promotora para constituír a Asociación PuntoGal.
Asemblea de Constitución

A Asociación PuntoGal constituíuse tras varios meses de traballo por parte dunha Promotora formada por varias entidades representativas da cultura e sociedade galegas.
Premio Xoan Manoel Pintos

Entregado polo concello de Pontevedra e a Rede de Entidades Amigas da Lingua.
Xuventude Galiza Net

A Asociación PuntoGal consegue máis de 700 apoios durante unha LAN Party en Santiago de Compostela. Xa no mes de setembro teríanse superado as 9.000 adhesións individuais.
Presentación da candidatura
Tras unha longa espera, finalmente a Asociación PuntoGal puido presentar a súa candidatura para solicitar un dominio para a lingua e a cultura galegas.
ICANN aproba o dominio para a lingua e a cultura galegas
Tras superar os requisitos impostos pola ICANN, a Asociación PuntoGal consegue a aprobación do dominio .gal.
Premio do CPEIG

O Colexio Profesional de Enxeñeiros en Informática de Galicia concede unha mención especial á Asociación PuntoGal nos seus premios anuais.
Sinatura do contrato

A Asociación PuntoGal asinou con ICANN o contrato de creación do dominio .gal.
Premio San Martiño de Normalización Lingüística

A Asociación PuntoGal recibe o premio San Martiño de Normalización Lingüística na categoría de Galicia Enteira que foi entregado pola Asociación Cultural o Brado de A Estrada.
Premios da Cultura Galega
A Asociación PuntoGal recibiu o Premio da Cultura Galega de Lingua.
Delegación do dominio

ICANN delegou finalmente o dominio .gal, de xeito que a Asociación PuntoGal converteuse nun operador de dominio de feito.
Dominio.gal

Preséntase en sociedade a primeira páxina web creada baixo o dominio .gal.
Pioneiros .gal
Danse a coñecer os primeiros 93 dominios que e activarán baixo o sufixo .gal.
Fase de Lanzamento

Presentación da Fase de Lanzamento de .Gal na Real Academia Galega.
Anuncio da fase aberta

Anúnciase a apertura da Fase Aberta para o rexistro de dominios.gal nun acto celebrado na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación de Vigo.
Inicio da fase aberta

Ábrese o rexistro de dominios .gal para o público xeral.
Cultur.gal 2014

Participación na Feira das Industrias Culturais do 4 o 6 de decembro cun stand informativo.
Premio Manuel Beiras

Distinción Especial á Asociación PuntoGal da Camara de Comercio de Santiago de Compostela.
Socio de Honra

Distinción Especial á Asociación PuntoGal da Camara de Comercio de Santiago de Compostela.
Cultur.gal 2015

Participación na Feira das Industrias Culturais do 4 ao 6 de decembro. Presentación da imaxe de celebración do 1 aniversario do dominio feita por ReiZentolo
Cultur.gal 2016

Participación na Feira das Industrias Culturais coa colaboración de Gadis e o sorteo de 10 dominios gratuitos entre os expositores.
PuntoGal novo membro dos GeoTLDs

PuntoGal incorporouse como membro dos GeoTLDs que promoven as identidades dixitais locais.
Cultur.gal 2017

Participación na Feira das Industrias Culturais coa colaboración de Gadis #subasoubaixes.
Concurso de micro-relatos

Presentación do concurso de micro-relatos en colaboración coa Real Academia Galega e Luzes.
PuntoGal participa cun stand na reunión de ICANN en Barcelona, a primeira que se celebra no Estado

PuntoGal mantén reunións cos alcaldes das principais cidades de Galicia para promover accións de colaboración coas entidades locais

PuntoGal continúa a súa liña de proxectos propiciando a localización en galego do navegador Firefox

PuntoGal reúnese en Santiago para pechar o ano tras superar os 4.900 dominios rexistrados

II Certame de Microrrelatos

Presentación do II Certame de Microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal na sede da academia na Coruña.
Sinatura do convenio co Colexio de Avogados para a mediación de conflitos cos rexistrantes de .gal

O decano do Colexio de Avogados e o presidente da Asociación PuntoGal asinaron un convenio para a mediación de conflitos entre os rexistrantes do dominio.
Presentación da FIRST LEGO League Galicia

PuntoGal acude como colaborador á presentación da FFL Galicia que ten lugar o 16 de febreiro.
PuntoGal padriño do Festival de Cans 2019
A Asociación PuntoGal apadriñou o Jalpón de Alicia, onde se proxectaron curtas paralelas fóra de competición.
Entrega premios II Certame Microrrelatos

Entrega dos premios as persoas gañadoras do II Certame de Microrrelatos na Real Academia Galega.
Patrocinio da Selección Galega de Fútbol Gaélico

PuntoGal asina convenio de patrocinio das Seleccións Galegas de Fútbol Gaélico.
Reunión dos GeoTlds en Santiago de Compostela

Os días 12 e 13 de setembro o Grupo dos GeoTlds reuniuse en Santiago de Compostela
Recepción oficial no Concello de Santiago

O alcalde Xosé Sánchez Bugallo e representantes dos grupos de goberno da corporación municipal recibiron aos membros dos GeoTlds.
Entrega dos Premios Spin-Off PuntoGal na súa IV edición

Celebrado na Cidade da Cultura de Santiago, resultaron premiados Psico VR, Orballo e o Grupo VARPA
Patrocinio do Museo do Videoxogo

Lanzamento dos dominios de un e dous caracteres

Sinatura dun convenio de colaboración co Museo do pobo galego

Patrocinio do campionato europeo de fútbol gaélico

Patrocinio do encontro de autoedicións Vaiavaia, en Lugo

XXVIII Premio á publicidade en galego na categoría radio
