Darío Janeiro
Director xeral

Darío Janeiro

O director xeral de PuntoGal é xornalista, profesor na Universidade de Santiago e secretario da Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Ademais, participa en distintos proxectos no ámbito das TIC e a comunicación. Podes contactar con el sempre que o precises para calquera tema relacionado co dominio e os seus proxectos.
Cristina Ríos
Responsable de Administración

Cristina Ríos

É a responsable de administración do dominio e é filóloga. Encárgase dos temas de facturación e comunicación, e está ao teu servizo para calquera calquera dúbida ou suxestión.
Luís Antelo
Director de Márketing

Luís Antelo

O director de márketing de PuntoGal é filólogo e leva anos na divulgación tecnolóxica, a comunicación e a xestión de proxectos TIC. Fala con el para poñer en práctica calquera idea que teña que ver co dominio.