Esta é a listaxe de socios de PuntoGal. Para actualizar os vosos datos ou formular calquera cuestión pódesnos escribir a info@dominio.gal . Se queres ser membro da Asociación PuntoGal e formas parte dunha entidade con personalidade xurídica e capacidade de obrar e traballas no fomento da lingua ecultura galega, descarga o formulario de adhesión nesta ligazón e sigue as indicacións que figuran nel.
A Mesa Pola Normalización Lingüística
Plataforma independente, plural e apartidaria que ten como único obxectivo a promoción do uso do galego en todos os ámbitos da vida social.
A Nosa Casa de Galicia (París)
Agrupación de emigrantes que xurdiu en París en 1997 co fin de divulgar a cultura galega. O seu portal naceu ao abeiro do proxecto GaliciaAberta.
A Nosa Galiza de Xenebra (Suiza)
Establecido en Xenebra desde 1967, este centro cultural galego leva a cabo todo tipo de actividades: baile, bolillos, teatro, exposicións ou conferencias
A Peneira
Xornal galego de periodicidade quincenal que se centra especialmente nas comarcas do Condado, A Paradanta e no sur de Pontevedra.
AGAPI
Asociación constituída en 1994 que agrupa a case todas as empresas relevantes da produción audiovisual e multimedia de Galicia.
AGASOL
Agasol é unha asociación de empresas de software libre que quere promocionar un modelo de sociedade do coñecemento.
Agora País Llionés
Organización leonesa autónoma, asemblearia e participativa, constituída sobre sensibilidades de esquerda baseadas nuns obxectivos comúns.
Agrupación Cultural Galega Saudade, Barcelona
Agrupación de emigrantes nada en Barcelona en 1982 co fin de divulgar a identidade e cultura galegas. Integrada na comunidade virtual GaliciaAberta.
Agrupación de Hijos de Galicia en Sestao
Institución de emigrantes nada en Sestao en 1952 para divulgar a identidade e a cultura galegas. Integrada na comunidade virtual GaliciaAberta.
AME
AME é unha organización xurdida para coordinar a acción empresarial dos medios escritos de información xeral que se expresan en lingua galega.
Amencer Asociación Xuvenil
Asociación xuvenil que leva traballando en Ourense desde 1987 no eido do tempo libre con nenas, adolescentes e mozas desa cidade.
Asociacion Cultural A Voz de Vilalba
Desde 2008, no blog desta asociación colaboran os fundadores da Voz de Vilalba, con información de novas locais, e referencias á primeira época en papel.
Asociación Cultural Arumes do Corgo
No seu blog, a Asociación Cultural Arumes do Corgo publica, desde o 2008, as actividades culturais e deportivas que organiza, os seus manifestos, etc.
Asociación Cultural Komunikando.net
Punto de encontro da música galega non subvencionado e foro de debate do panorama vixente, recoñecer carencias e crear unha base estrutural.
Asociación da 3ª Idade Nevox
Asociación da terceira idade con actividades nos ámbitos cultural, social, sanitario e de lecer do Centro Veciñal e Cultural de Valladares, en Vigo.
Asociación de Amigos do patrimonio de Castroverde
Asociación que divulga e defende o patrimonio cultural, de natureza, artístico, monumental e das tradicións populares do concello de Castroverde.
Asociación de Editores de Galicia
Entidade que agrupa ás editoriais galegas e que traballa na defensa, promoción e difusión da edición de libros na nosa lingua.
Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia
Entidade creada para axudar, fomentar as relacións e representar os intereses dos titulados en Enxeñería de Telecomunicacións de Galicia.
Asociación de fillos de Galicia
Comunidade virtual para os usuarios da rede que teñen en común o feito de ser descendentes de emigrantes galegas. Un centro galego virtual en Internet.
Asociación de Mulleres Pedra Vella
A Asociación de Mulleres Pedra Vella, da Rede de axuda a mulleres maltratadas presta servizos sociais, sanitarios, formativos, xuridicos e laborais.
Asociación Ghandalf
A Asociación Ghandalf colabora na construción dunha sociedade do coñecemento con base no libre acceso no uso do software e da información.
Asociación O.R.A.L de Galicia
Entidade sen ánimo de lucro fundada en 1997 en Vigo por un grupo interesado na conservación das tradicións populares improvisadas de carácter oral.
Asociación Oral de Galicia
Entidade sen ánimo de lucro fundada en 1997 en Vigo por un grupo interesado na conservación das tradicións populares improvisadas de carácter oral.
Asociación Paspallás
Escola plural, aberta e participativa para a formación e preparación de educadoras e animadoras de actividades de lecer e ocupación do tempo libre.
Asociación Xuvenil Amencer
Asociación xuvenil que leva traballando en Ourense desde 1987 no eido do tempo libre con nenos/as, adolescentes e mozos/as desa cidade.
Asociación Xuvenil Avelaíña
Colectivo de mozos de A Golada que se dedica, principalmente, a dinamizar a zona con actividades lúdicas e culturais para xente nova.
Asociación Xuvenil Xuntanza Xuvenil de Valladares
Asociación da xente nova con actividades nos ámbitos cultural, social e de lecer do Centro Veciñal e Cultural de Valladares, en Vigo.
Aula Castelao
Constituída en Pontevedra en 1983, para a renovación temática e metodolóxica na Filosofía -con especial atención ao profesorado e a normalización da lingua.
Casa de Galicia en Gipuzkoa
Embaixada cultural que mostra Galicia na terra que acolleu a tantos galegos e mostra Gipuzkoa aos galegos de visita.
Centro Alma Gallega de Montevideo
Institución creada en 1954 para propoñer e fomentar a unión de galegos en Uruguay en xeral e en Montevideo en particular.
Centro Arzuano Mellidense (Buenos Aires)
Centro que busca promover e cultivar o patrimonio cultural histórico, artístico, folclórico e gastronómico de Galicia, centrándose en Arzúa e Melide.
Centro de Supercomputación de Galicia
Centro de cálculo, comunicacións e servizos avanzados da Comunidade Científica, sistema académico universitario e do C.S.I.C..
Centro Galego de Álava
Constituído en 1955 para manter vivo o patrimonio cultural e impulsar a simbiose con Vitoria e Álava e o sentimento galego.
Centro Galego de xubilados da Arxentina
Centro galego de xubilados e pensionados da localidade de Avellaneda, na Arxentina, que organiza actividades culturais e de lecer.
Centro Galego de Zug
Desde 1990, aposta por divulgar a orixe e identidade, desenvolvendo actividades de divulgación da idiosincrasia, cultura e costumes galegas.
Centro Galicia de Buenos Aires
Naceu en 1979 coa consigna fundamental de unir a comunidade galega na Arxentina defendendo os valores e identidade de orixe.
Centro Gallego Comodoro Rivadavia (Arxentina)
O Centro Gallego de Socorros Mutuos de Comodoro conta con uns 250 membros e realizan charlas literarias, culturais e informativas.
Centro Gallego de Mar del Plata (Arxentina)
Centro galego con actividades para todos os galegos residentes en Mar del Plata. Destacan a súa escola de gaita e de lingua e literatura gallgas.
Centro Veciñal e Cultural de Valladares
Centro veciñal e cultural da parroquia de Valladares, en Vigo, que ofrece actividades musiciais e tradicionais, formativas, físicas e formativas.
Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia
Constituído en 2007, o CPEIG é o medio para que profesionais do sector poidan participar no ordenamento e regulación da enxeñaría en informática.
Colexio de Enxeñeiros Técnicos Industriais de A Coruña
Corporación que vela polos dereitos, deberes e prestixio do Enxeñeiros Técnicos Industriais na provincia de A Coruña, con sedes en Santiago e Ferrol.
Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Colexio profesional que ofrece información xeral, edición de libros, arquivo, exposicións, asesoramento xurídico e tecnolóxico e bolsas.
Colexio Oficial de Protésicos Dentais de Galicia
Organización profesional das protésicas dentais que exercen en Galicia. A súa sede está en Santiago de Compostela.
Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
Agrupación colexial dos psicólogos de Galicia para a defensa e protección dos dereitos, liberdades e intereses das colexiadas.
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
Creada no ano 2000 para agrupar ás xornalistas de Galicia, poñelas en contacto, ofrecerlles servizos e vantaxes colectivas e defender os seus dereitos.
Concello de Redondela
Concello pertencente á mancomunidade de Vigo, na provincia de Pontevedra, con 29.864 habitantes e unha extensión de 51,9 quilómetros cadrados.
Concello de Rianxo
Vila natal de Castelao e Rafael Dieste, está situada na comarca do Barbanza e conta con máis de 11.000 habitantes.
Confederación Intersindical Galega (CIG)
Organización sindical de clase, de orientación nacionalista, fundada en 1994 mediante a fusión da CGTG e a INTG.
Consello da Avogacía Galega
Órgano superior da avogacía de Galicia, formado polos colexios da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago e Vigo.
Consello da Cultura
Con carácter de órgano asesor e consultivo, encárgase da defensa e promoción dos valores culturais do pobo galego.
Consello da Xuventude de Galicia
Entidade integrada por 22 asociacións xuveniles para articular unha política global para a xuventude con personalidade xurídica propia.
Coordenadora de Equipas de Normalización Ferrolterra
Coordinar as diferentes equipas de normalización lingüística dos centros educativos da zona para planificar actividades.
CRTVG
Ente público creado en 1984 co obxectivo de pór en funcionamiento, xestionar, e explotar os medios de comunicación públicos galegos.
Dinahosting S.L.
Empresa que proporciona servizos integrais de Internet: hosting, rexistro de dominios e servidores dedicados, desenvolvendo a súa propia tecnoloxía.
Edicións Espontáneas
Estudio de arquitectura e editorial especializada en arquitectura, transformación do territorio e mellora da calidade de vida.
Edicións Positivas
Editorial fundada en 1990 que publica narrativa, poesía e ensaio escrito en galego e portugués, así como traduccións a estas linguas.
Editorial Compostela SA
Grupo de comunicación compostelán que, ademais de outras iniciativas audiovisuais e editoriais, é a editora de ‘El correo gallego’.
Eixo Atlántico
Asociación transfronteiriza que integra as 34 principais cidades de Galicia e o Norte de Portugal, baixo os auspicios da Unión Europea.
El Correo Gallego (Editorial Compostela)
Fundado en 1878, é un dos periódicos locais de referencia na área de Santiago de Compostela, con presenza en toda a súa comarca.
Emisoras Municipais Galegas (EMUGA)
Agrupa as radios municipais de Fene, Redondela, Foz, Eume, Arzúa, Allariz, Ordes, Terra Cha, Boiro, Culleredo, Cerceda, Sada e Negreira.
Empresas Galegas Adicadas a Internet (EGANET)
Asociación sen ánimo de lucro creada no ano 2000 e formada pro empresas e profesionais galegos do sector de Internet e as novas tecnoloxías.
Federación de Libreiros de Galicia
Defende os intereses colectivos do sector libreiro de Galicia e busca o crecemento de lectores con campañas publicitarias e promocións.
Federación de Sociedades Galegas na Suiza
Fundada en 1980, a Federación de Sociedades Galegas na Suiza agrupa a nove centros galegos e conta con 3.000 socias aproximadamente.
Fundación para o fomento da calidade industrial
A Fundación para o fomento da calidade industrial e desenvolvemento de Galicia promovera difusión e a aplicación de políticas en materia de calidade.
Fundación Xeito Novo de Cultura Galega (Buenos Aires)
Centro galego fundado en Bos Aires en 1984 para contribuir á difusión da cultura galega por medio dos seus grupos artísticos e de traballos de investigación.
Galicia Digital (Interdix Galicia)
Empresa presente en Internet desde o 2000 coas plataformas galiciadigital.com e galiciadigital.net e con máis de 20 portais propios.
Grupo Código Cero Comunicación
Revista impresa e portal en la red sobre novas tecnoloxías en Galicia, con periodicidade mensual e diaria respectivamente.
Hostigal
Empresa proveedora de aloxamento web, rexistro de dominios, servidores adicados e outros servizos como asesoramento e deseño web.
I.E.S. Gregorio Fernández (Sarria-Lugo)
Centro creado en 1975, sendo en principio un Instituto de Formación Profesional e que no curso 98-99 comezou a impartir a ESO.
Interdix Galicia
Empresa que administra galiciadigital.com e galiciadigital.net e máis de 20 portais de contidos propios que abarcan os máis diversos temas.
Inxenio Internet Consulting S.L.
Empresa que traballa na Internet, achegando solucións personalizadas e escalables baseadas nas necesidades de cada cliente.
ISOC
Representación da Internet Society en Galicia que actúa como representante nos organismos internacionais que administran a Internet globalmente
Museo do Pobo Galego
Creado en 1976 para investigar, conservar, divulgar, defender e promover a cultura galega e desenvolver un museo ao servizo destes obxectivos.
Nova Escola Galega
Asociación de pais e profesores constituída en Santiago de Compostela que aposta pola renovación pedagóxica integral en Galicia.
Openhost S.L.
Empresa especializada no desenvolvemento de software a medida, consultoría e migracións a tecnoloxías abertas.
Ozono Multimedia
Empresa de novas tecnoloxías baseada no Milladoiro (Ames) que traballa en eidos como a programación, internet e sistemas informáticos.
Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro
Fundada en 1983, resultante da fusión entre o Centro Espanhol de Rio de Janeiro, e a Casa de Galicia da mesma cidade brasileira.
Ponte…nas Ondas
Experiencia entre escolas galegas e portuguesas destacando a cultura común galego-portuguesa e os elementos culturais transfronteirizos.
Proxecto Trasno
Proxecto Trasno é unha comunidade de voluntarios para localizar software libre ao galego e adaptalo as necesidades dos galegofalantes.
Real Academia Galega
Academia da lingua galega concebida en 1906 para o fomento da súa cultura e para a codificación e estudo do seu idioma.
Rei Zentolo
Tenda considerada referencia galega en deseño de camisetas, que leva anos enxalzando nas súas creacións a cultura, arte e retranca galega.
Traballadoras de Normalización da Lingua (CTNL)
A Coordinadora de Traballadoras de Normalización da Lingua (CTNL) intentar mellorar o traballo de normalización lingüística en Galicia.
Universidade da Coruña
Fundada en 1989, a Universidade da Coruña é unha universidade pública con campus nas cidades de A Coruña e Ferrol.
Universidade de Santiago de Compostela
Con máis de 500 anos de existencia, é unha institución con vocación de futuro, con dous campus (Santiago e Lugo) e máis de 30.000 estudantes.
Universidade de Vigo
Fundada en 1990, a Universidade de Vigo é unha universidade pública con campus nas cidades de Vigo, Ourense e Pontevedra.
Xurimaru
Consultoría baseada no Milladoiro (Ames) que traballa en eidos como mercadotecnia, deseño, programación e xestión en redes sociais.
Xuventude de Galicia- Centro Galego de Lisboa
Fundado en novembro de 1908, constitúe unha asociación de persoas interesadas en desenvolver a cultura galega en todas as súas manifestacións.
Outros socios
Se representas algunha delas, agradecémosche que nos escribas a oficina@dominio.gal.
Outros socios
- Asociación Cultural Ventiños da Ponte
- Club hípico Soneira
- IGEA- Instituto Europeo de Estudos Europeos e Autonómicos
- Hospedaxes Galicia, SLNE
- Centro Galego de Bruxelas ASBL
- Global Nova Trade
- O Neno Labrego S.L.
- Onda Nós