Novas destacadas
PuntoGal e A Real Academia Galega premian nove microrrelatos: da pandemia á perda da memoria e a descuberta infantil do galego
Vidas roubadas, as feridas da vellez na memoria, a descuberta da lingua de acollida, mesmo unha coreografía astronómica e, sempre, a capacidade de cativar e abraiar.
PuntoGal apoia os contidos en galego
PuntoGal patrocina contidos de divulgación de diferentes ámbitos culturais, onde se mezclan entrevista, debate, faladoiro e moito máis. Todos eles os podes seguir nas diferentes redes sociais, e sobre todo, nas que están adicadas a contido puramente en galego.
PuntoGal axuda na conservación da tradición oral
Descobre os máis de 25000 audios e cancións gardadas no Museo do Pobo Galego. PuntoGal axuda a dixitalizar estes fondos.
Que é PuntoGal?
PuntoGal é a entidade xestora do dominio galego. Como rexistro, ten entre as súas funcións manter operativos todos os nomes rexistrados baixo o paraugas de .GAL cumprindo as distintas normativas internacionais de funcionamento da rede. Pero PuntoGal é moito máis que iso. Sobre todo, é a historia do éxito dun esforzo común de país. Un símbolo de que, traballando xuntos, podemos obter calquera cousa. Ninguén podía pensar que Galicia podería ter un dominio propio para identificarnos na rede e, sen embargo, formamos parte dese clube de forma oficial desde 2013.
PuntoGal e a revista Mazarelos asinan un convenio de colaboración
20 de maio de 2021 - O presidente da Asociación PuntoGal, Manuel González González e o representante de Mazarelos, Mateo Martínez Torres asinaron un convenio de colaboración mediante o cal Mazarelos se compromete a dar cobertura ás actividades realizadas por PuntoGal. Ademais, e grazas a este acordo poderán obter un dominio .gal a prezos reducidos.
Os premios Spin-Off PuntoGal lanzan a súa quinta edición
20 de maio de 2021 - O Dominio PuntoGal e o portal GCiencia veñen de convocar a quinta edición dos Premios Spin-Off PuntoGal, que recoñecen as iniciativas mais innovadoras xurdidas no ámbito das tres universidades públicas galegas. As interesadas en participar poderán presentar as súas candidaturas ata o próximo 15 de setembro.