PuntoGal reúnese co secretario xeral de Emigración para potenciar o uso do dominio no exterior

29 de maio de 2021 – O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo nas últimas horas una reunión cos responsables de PuntoGal, co obxectivo de potenciar no exterior o uso deste dominio a través dos centros galegos. A aplicación do “.gal” reforza a imaxe de Galicia no exterior e facilita que as asociacións galegas participen dun dominio que permite localizar os contidos e a información cultural.

Ver máis

PuntoGal colabora por cuarto ano consecutivo coa FIRST LEGO League Galicia

26 de maio de 2021.- A sétima edición FIRST LEGO League Galicia (FLL Galicia) celébrase o vindeiro 29 de maio. Como en edicións anteriores, o dominio PuntoGal colaborará co evento. Este ano, debido á pandemia, o campionato será en liña e contará coa participación de máis de 250 mozos e mozas. Nesta edición competirán 35 equipos,.

Ver máis

PuntoGal e a revista Mazarelos asinan un convenio de colaboración

20 de maio de 2021 – O presidente da Asociación PuntoGal, Manuel González González e o representante de Mazarelos, Mateo Martínez Torres asinaron un convenio de colaboración mediante o cal Mazarelos se compromete a dar cobertura ás actividades realizadas por PuntoGal. Ademais, e grazas a este acordo poderán obter un dominio .gal a prezos reducidos.

Ver máis

Os premios Spin-Off PuntoGal lanzan a súa quinta edición

20 de maio de 2021 – O Dominio PuntoGal e o portal GCiencia veñen de convocar a quinta edición dos Premios Spin-Off PuntoGal, que recoñecen as iniciativas mais innovadoras xurdidas no ámbito das tres universidades públicas galegas. As interesadas en participar poderán presentar as súas candidaturas ata o próximo 15 de setembro.

Ver máis

PuntoGal participa nas XXX Xornadas de Lingua e Literatura Galegas

22 de abril de 2021 – PuntoGal participará o próximo 24 de abril nas XXX Xornadas de Lingua e Literatura Galegas organizadas pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega e Cig-Ensino. A AS-PG e a CIG Ensino levan 30 anos celebrando as Xornadas de Lingua e Literatura que pretenden servir de actualización e lugar de reflexión para as docentes de dita materia.

Ver máis

PuntoGal asina un convenio de patrocinio co Museo do videoxogo de Galicia (MUVI)

9 de marzo de 2021 – O presidente da Asociación PuntoGal, Manuel González González e o representante da Fundación do Museo do videoxaogo, Galo Alberto Martínez Nieto, asinaron un convenio de patrocinio mediante o cal PuntoGal fai unha aportación económica para o funcionamento do MUVI e as actividades que desenvolve.

Ver máis

Remata o IV Concurso de Microrrelatos de PuntoGal e a Academia Galega

1 de marzo de 2021 -Este pasado domingo día 28 de febreiro rematou o prazo de presentación de relatos para o IV Concurso de Microrrelatos de PuntoGal e a Real Academia Galega. As dúas entidades mostran a súa satisfacción pola crecente participación de relatos, que este ano superan os 1.500. o dobre da participación do ano anterior e tres veces máis que no segundo ano de certame.

Ver máis