Novas, Novas destacadas

PuntoGal colabora por sétimo ano consecutivo coa FIRST LEGO League Galicia

Ferrol 23 de febreiro de 2023.- Hoxe presentouse no salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol a décima edición da FIRST LEGO League Galicia.PuntoGal colaborará por sétimo ano consecutivo como patrocinador deste evento, que se celebrará o sábado 2 de marzo no Campus Industrial de Ferrol. A FIRST LEGO League, é un programa internacional que fomenta as vocacións científicas e tecnolóxicas entre mozos e mozas, a través dun desafío que os equipos deben resolver. Este evento esta organizado en Galicia pola Universidade da Coruña, a través da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol e o Campus Industrial.

O acto estivo presidido pola vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Dª Ana Isabel Ares Pernas, vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Dª Margarita Ardao Rodríguez, directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego – Consellaría de Promoción de Emprego e Igualdade – Xunta de Galicia, Dª Patricia Cons Formoso, concelleira de Educación, Universidade e Política Lingüística do Concello de Ferrol, Marcos Míguez González, director do Campus Industrial de Ferrol, Vicente Díaz Casás, director da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol; e o coordinador da FLL Galicia, José Antonio Becerra Permuy. Pola parte de PuntoGal asistiu o seu director xeral, Darío Janeiro. Tamén estiveron presentes representantes dos voluntarios e da organización do evento.

PuntoGal dálle nome a un dos premios, o que recoñece o traballo das  novas promesas, e que se entrega a un equipo destacado e do que os xuíces agardan grandes avances no futuro.

Neste ano no desafío MASTER PIECE, inspirado sobre o papel que desempeña a rama STEM nas artes, empoderando aos máis novos para deseñar e construír un mundo de infinitas posibilidade.  A FIRST LEGO invita ós equipos a descubrir a diversión e a emoción da ciencia e a tecnoloxía, enxeñaría e matemáticas mentres resolven problemáticas reais. Os equipos deseñan, crean e proban robots autónomos e operados por controladores, que deberán superar unhas probas durante o torneo.

Esta edición conta coa participación de máis de 43 equipos e desenvolverase en espazos como a Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol, a Facultade de Humanidades e Documentación, o pavillón de Esteiro ou o Auditorio Municipal. Da categoría Challenge que é a de maiores (de 9 a 16 anos), participarán 25 equipos. Haberá igualmente 18 equipos de menores de 9 anos. O pasado ano participaron no evento máis de 300 alumnos e alumnas.

Dentro da competición tamén hai un apartado para os máis pequenos, a FIRST LEGO LeagueExplore (de 6 a 9 anos) e a FIRST LEGO LeagueDiscover (de 4 a 6 anos). Os máis pequenos deseñan e constrúen un modelo con ladrillos LEGO DUPLO e completan un caderno de enxeñaría, o que os axudará a achegarse ao mundo STEM. Pola contra, os do grupo Explore teranse que enfrontar a tres retos: un traballo de investigación; programar, deseñar e construír un robot e participar nunha exposición do seu traballo e deseños.

PuntoGal mantén un convenio de colaboración e patrocinio coa Universidade da Coruña para apoiar o evento dentro do programa de proxectos institucionais apoiados dende o dominio. Esperámosvos alí!