Santiago de Compostela, 30 de abril de 2024 | Neste mes de maio e pola conmemoración do Día das Letras Galegas e o Día de Internet, a Asociación de Medios en Galego (mediosengalego.gal), e a provedora de servizos dinahosting (dinahosting.gal) e PuntoGal (dominio.gal) unen esforzos para apoiar o uso do galego na rede a través da iniciativa “Subscríbete ao galego”.
Dende o 17 de maio e ata o 31, as persoas que se subscriban algún os medios en galego participantes na campaña recibirán un dominio .GAL e un hosting totalmente de balde e durante o período dun ano. Este agasallo está valorado en máis de 170€.
Os usuarios beneficiarios recibirán os seus códigos para obter ata o 30 de xuño o seu hosting e dominio gratis.
O porqué de “Subscríbete ao galego”
Nun mundo tan globalizado e marcado polo emprego da tecnoloxía, a Asociación de Medios en Galego, dinahosting e PuntoGal queremos contribuír a un maior uso da nosa lingua na Internet.
Un dominio .GAL e un hostingweb de balde permitiranlles ás persoas beneficiarias gozar dunha conta de correo profesional co seu propio nome de dominio e iniciar o seu proxecto web sen necesidade de facer ningunha inversión inicial. Un xeito de impulsar a comunidade de creación de contido en galego e de fomentar a normalización do idioma en todos os ámbitos.
Ao mesmo tempo, esta campaña supón un reforzo para cada un dos medios que participan. Aportarlle valor engadido ás persoas que queiran subscribirse é a mellor forma de seguir gañando base social e de que os medios galegos gañen peso.
Os medios con subscrición que participan nesta campaña son:
radiofusion.gal
praza.gal
nosdiario.gal
luzes.gal
temposdixital.gal
mazarelos.gal
nostelevision.gal
Ademais, apoian a campaña os seguintes medios (que non teñen subscrición):
codigocero.gal
obarbanza.gal
quepasanacosta.gal
Sobre PuntoGal
PuntoGal é a entidade xestora do dominio galego desde 2014. Constituída en 2006, desenvolve o seu traballo en tres ámbitos principais: xestión de dominios, representación de Galicia nos organismos de xestión da rede a nivel internacional e accións corporativas de apoio a iniciativas no ámbito da tecnoloxía, a rede, a lingua e a cultura. A día de hoxe hai en torno a 7.000 dominios .gal rexistrados. Para máis información: dominio.gal.
Sobre Dinahosting
Dinahosting leva máis de 20 anos ofrecendo servizos de aloxamento e xestión de dominios para todo tipo de proxectos web, dende as páxinas máis sinxelas ás infraestruturas online máis esixentes. A súa aposta polas tecnoloxías de última xeración e por un equipo humano de profesionais especializados, permítelles responder aos seus clientes na maior brevidade, calquera día da semana a calquera hora. Ademais, son o único rexistrador autorizado por ICANN en Galicia para a venda de dominios. Para saber máis: dinahosting.gal
Sobre AMEGA
AMEGA nace no 2013 cos principais obxectivos de defender os intereses dos seus asociados favorecendo así o fortalecemento dos medios de comunicación en galego,contribuíndo ao proceso de asentamento do sector e á consolidación dun espazo de comunicación en galego, fomentando a súa presenza pública, tanto individual como conxunta.
Máis información en mediosengalego.gal