Gaélico galego
PuntoGal reforza o seu apoio decidido ao fútbol gaélico cun novo convenio de patrocinio
O novo acordo fai especial fincapé no deporte de base mediante as GaélicoEscolasPuntoGal e nas seleccións galegas femininas e masculinas e a súa proxección internacional
Éxito das seleccións galegas no mundial de Derry
Tanto as seleccións femininas como as masculinas acadaron resultados moi salientables no mundial. Os seareiros e os xogadores están agora dándolle voltas á posta en marcha de de novos equipos en distintas comarcas de Galicia.
Todo listo para o torneo de Nadal de Fútbol Gaélico en Trazo
Este venres día 16 en Viaño Pequeno (Trazo), desde as 10 da mañá ata 1 da tarde, terá lugar a festa que pecha o ano para as escolas que estiveron gozando do fútbol gaélico nos pasados meses na comarca compostelana.
PuntoGal e a Asociación galega de fútbol gaélico lanzan a web gaelicoescolas.gal
23 de febreiro de 2022 I Hoxe abriuse o acceso á nova web na que PuntoGal e a Asociación de fútbol gaélico informarán das actividades relacionadas con este deporte pensadas, sobre todo, para a xente máis nova.
Primeira actividade das Gaélico Escolas
23 de agosto de 2021 - Esta mañá seis nenas e vinte e seis nenos comezaron o campus do Turonia Gondomar FG, a primeira actividade das Gaélico Escolas, que terán lugar no curso 2021-22 coa colaboración de PuntoGal.
PuntoGal patrocinará as escolas de fútbol gaélico
Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2021.- A Federación Galega de Fútbol (FGF) en Santiago, situada no estadio municipal Vero Boquete de San Lázaro, acolleu este mediodía o acto de sinatura do acordo polo que PuntoGal se converte no patrocinador principal de Gaélico Escolas, o proxecto de formación deportiva de base da Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG).
O fútbol gaélico na tempada 2020-2021
21 de xullo de 2021 - Coma o resto de deportes e actividades socio-culturáis, o fútbol gaélico afrontou un parón repentino en marzo de 2020, a falta dunha semana para a finalización da Liga Galega e obrigando a cancelar o resto de competicións da tempada 2019/20.
Que é o fútbol gaélico?
21 de xullo de 2021 - O fútbol gaélico conta cuns valores únicos dentro do mundo do deporte: é un deporte amateur por definición e promove a cultura do “terceiro tempo”, primando a camaradería entre rivais.
PuntoGal e Voltier Electronics selan un acordo de patrocinio por dous anos coa Selección Galega de Fútbol Gaélico
12 de xuño de 2019.- As oficinas da delegación santiaguesa da Federación Galega de Fútbol (FGF), situadas no estadio municipal Vero Boquete de San Lázaro, acolleron este mediodía o acto de sinatura do acordo polo que a empresa galega Voltier Electronics e a Asociación PuntoGal se converten nas entidades patrocinadoras principáis da Selección Galega de Fútbol Gaélico.