Novas de interese, Proxectos

Todo listo para o torneo de Nadal de Fútbol Gaélico en Trazo

 

Este venres día 16 en Viaño Pequeno (Trazo), desde as 10 da mañá ata 1 da tarde, terá lugar a festa que pecha o ano para as escolas que estiveron gozando do fútbol gaélico nos pasados meses na comarca compostelana.

O evento conta colaboración do Estrela Vermelha, clube de fútbol gaélico afincado entre Compostela e Trazo, e que nos últimos meses estivo impulsando visitas a estes centros dentro do programa da Xunta de Galicia “coñece ao teu clube”.

Contamos cunha participación duns 150 nenos procedentes de tres centros da comarca: CPI Viaño Pequeno (Trazo), CPI Antonio Orza Couto (Boqueixón) e CEIP Pumar (Urdilde).

Se queredes saber máis sobre este deporte, podedes pasar por Trazo, onde estaremos encantados de falar con vos, ou pasar por gaelicoescolas.gal ou gaelicogalego.gal, onde vos podemos aclarar todas as dúbidas que teñades.