Coma o resto de deportes e actividades socio-culturáis, o fútbol gaélico afrontou un parón repentino en marzo de 2020, a falta dunha semana para a finalización da Liga Galega e obrigando a cancelar o resto de competicións da tempada 2019/20: o All-Galicia e máis os Europeos de seleccións e clubes que tiñan previsto organizarse no noso páis en xullo e outubro respectivamente.
Non foi precisamente ata un ano despóis, en marzo de 2021, a volta das competicións galegas puido ser unha realidade. Polo camiño deixamos atrás un montón de experiencias e inseguridades: torneos de “likes” online, retos durante o confinamento, retomar a actividade de forma tímida con adestramentos individuáis, uso de máscara, grupos super-reducidos, control nos desprazamentos. O constante cambio nas restricións e medidas de seguridade obrigounos a avaliar e replanificar de xeito semanal esta atípica tempada 20/21, que por sorte finalmente puido celebrarse nun formato “express” (marzo-xuño) e con todas as garantías sanitarias (ningún positivo detectado en adestramentos ou partidos), o cal é unha gran victoria para nós xa que un deporte minoritario coma o noso estaría en risco de prolongarse a inactividade moito tempo.
Actualmente atopámonos traballando xa na tempada 21/22, na que temos moitos retos ilusionantes: continuar coa difusión do noso deporte, coa intención de crear novos equipos, organizar (esperemos) os campionatos europeos de seleccións e clubes, e, especialmente, dar un paso adiante no traballo coa canteira, no que esperamos compartir dentro de pouco novidades.