Novas, Novas de interese, Proxectos

Primeira actividade das Gaélico Escolas

Esta mañá seis nenas e vinte e seis nenos comezaron o campus do Turonia Gondomar FG, a primeira actividade das Gaélico Escolas que terán lugar no curso 2021-22 coa colaboración de PuntoGal.

Esta primeira sesión continuará durante toda a semana, con actividades deportivas, pensadas tanto para a aprendizaxe das regras do fútbol gaélico  como para incrementar o sentido de equipo, a estratexia e a capacidade atlética dos asistentes, sempre cunha compoñente lúdica e divertida. Durante as mañás de luns a xoves haberá adestramentos e xogos, ata o venres, cando se levará a cabo un pequeno torneo entre os asistentes, con presenza dos seleccionadores galegos.

Este campus está guiado por cinco monitores e algúns xogadores xuveniles.