Novas destacadas, Proxectos

PuntoGal apoia os contidos en galego

PuntoGal patrocina contidos de divulgación de diferentes ámbitos culturais, onde se mezclan entrevista, debate, faladoiro e moito máis. Todos eles os podes seguir nas diferentes redes sociais, e sobre todo, nas que están adicadas a contido puramente en galego. Neste artigo falaremos de podcasts e revistas que che deixarán pensando, cos que reirás e poderás usar como tema de conversa en calquera sitio que te propoñas. Comezamos!

As womansplainers

Ás veces, o que precisamos é que alguén nos berre as súas opinións ben forte na orella. Iso fan as womansplainers, cunha visión feminista. Os medios ocultan aspectos da vida moi cotiáns con noticias xeralistas. Neste programa, elas teñen a voz cantante. Xunto ao seu compañeiro Ghanito e invitados especiais, abren debates de temas tan comúns coma viaxes, alimentación, medos, consumismo, etc. Admitir que non te duchas todos os días e viaxar, ese soño para moitos e un pesadelo para outros, son algúns exemplos dos mesmos. Este podcast de Luzes, revista dirixida por Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro, ten todos os compoñentes para iniciar polémicas, moi recomendable para aqueles aos que lles gustan as comidas familiares animadas.

  • Duración: 1h -1h 30min
  • Formato: Debate e entrevista.
  • Periodicidade: 1 á semana
  • Onde seguilo: Luzes, Google Podcasts, Pocket Casts, Radio Public, Spotify, Ivoox, Twitch.
  • Episodios: Dúas temporadas, a primeira con 19 e a segunda con 27.

Café Derby 21

Quen non viviu esas sobremesas longas que duraban ata as 9 da noite? Pode que algúns as botedes de menos, pero Café Derby ten á solución. Síntete coma en casa da man de Nico Carreira, Carmen Domínguez e Adrián Lede, que protagonizan unha faladoira virtual para todos os gustos, xunto con invitados tan famosos como Gayoso, Tanxugueiras, Carolina Iglesias e Verto, entre outros. Desde temas da actualidade ata temas tan cotiáns como a nosa cultura popular, sempre acompañado de grandes doses de humor. Moi recomendable para comezar unha mañá gris cun sorriso.

Balea Vermella

Os videoxogos son tan malos como din os nosos pais? Como afecta a enerxía eólica ao paisaxe? Onde chove máis: en Londres ou Ourense? A resposta a teñen Raíña Vermella, Xavier Balea, e as personalidades científicas do panorama cultural galego. Neste sector, a divulgación é moi importante, pero tamén o é pasar un bo rato, así que métete no seu Twitch e interactúa nos directos cos científicos estrela do programa. Se es un amante das grandes preguntas da ciencia, este é o teu lugar.

  • Duración: 1h- 1h30min
  • Formato. Entrevista e divulgación científica.
  • Periodicidade: 1 á semana
  • Onde seguilo: Google Podcasts, Pocket Casts, Radio Public, Ivoox, Twitch, Youtube.

Descifrando a historia

A historia de Galicia é tal e como nola contaron? David Gesteiro e os seus invitados nos resolven esta pregunta e moitas máis. Cada resposta ten un debate, no que se cuestiona o presente e o futuro. Ademais, hai temas para todos os gustos: desde os máis literarios ata os máis polémicos, acompañados de entrevistas a personaxes do panorama histórico cultural galego tales como Xulio Ríos e Pilar García Negro entre outros. Se che move a inquietude pola historia galega, este é o teu programa.

  • Duración: 30 min – 1 hora
  • Formato: Entrevista, faladoiro e divulgación histórica.
  • Periodicidade: Cada 15 días
  • Onde seguilo: Ivoox, Spotify, Pod Galego.

Vinte

Estar á última nunca pasará de moda, sobretodo no panorama cultural. Se estas aburrido de noticias que nin van nin veñen, Vinte é o teu espazo. Dende podcasts, arte e música ata lugares aos que ir nun finde semana. Que non sabes o que ver? Que queres enterarte das novas do panorama galego? Non dubides en navegar polas redes de O Ferrado e scrollear polos vídeos de A Cousa. Que non sabes o que escoitar? O podcast de Carretando é unha boa opción para pasar o rato.Todo esto e máis en Vinte, a revista adicada aos apaixoados da cultura, aos que queren estar á última e buscan unha mirada diferente.

  • Periodicidade: Cada 15 días
  • Onde seguilo: Página web.

Recuncho gamer

O mundo do gaming é moi amplo, e é complicado estar á última. Recuncho Gamer o fai máis fácil. Cando escoitas expresións como F2P, intear, Battle Royale e non sabes o que son, búscaos no dicionario gamer. Os teus amigos convídante a un Battle Royale, e pensas “que é iso?” pois xa sabes a onde ir. Ademais do glosario gamer, a alma do programa, Iago Gordillo, analiza BSO de videoxogos, fai directos en Twitch, faladoiros co seu equipo de gamers e comenta as últimas novidades do mundo dos videoxogos. Este espazo é moi recomendado para os apaixonados dos videoxogos.

Para rematar, estes foron os contidos patrocinados por PuntoGal. Convidámosche a pasar un bo rato con todos eles e a crear os teus propios contidos. Non dubides en pasarte polas súas redes sociais. Dende a bus ata no teu sofá, podes seguilos en calquera momento e lugar. Apoiamos aos creadores de contidos orixinais, que sexan rompedores e mostren a lingua galega con todo o seu esplendor.