A Coruña, 19 de maio do 2022.- PuntoGal e a Asociación de Enxeñeiros da Telecomunicación de Galicia presentarán o próximo venres día 20 de maio, un encontro virtual conducido polo xornalista Manuel Blanco e que contará coa presenza da secretaria de PuntoGal, Edita Rodríguez, o presidente da AETG e decano da COETG, Julio Sánchez Agrelo e Trini Lorenzo Otero, responsable proxectos Unidade de Innovación Cruz Vermella de Galicia, que levará como título “Maiores e Dixitalización”
Este evento faise en conmemoración do Día das Letras Galegas e o Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2022, e terá lugar o vindeiro 20 de maio ás 11:30 horas.
A inscrición é gratuíta a través dun formulario e a conexión realizarase a través de zoom, podedes atopar máis información na seguinte ligazón i.gal/l5bJy. Este acto organizado pola AETG está enmarcado no plan de accións de difusión de 2022 para a posta en marcha de actividades para o fomento da Sociedade da Información, coa colaboración da Amtega.
PROGRAMA
11.30 h. Conexión telemática de asistentes
11.35 h. Presenta e modera: Manuel Blanco Casal, xornalista
11.40 h. Participan no coloquio:
Julio Sánchez Agrelo, presidente AETG
Edita de Lorenzo Rodríguez, secretaria PuntoGal
Trini de Lorenzo Otero, responsable proxectos Unidade de Innovación Cruz Vermella de Galicia
12.15 h. Quenda de preguntas
12.30 h. Clausura
Participan: Julio Sánchez Agrelo, presidente AETG/decano COETG, Edita de Lorenzo, secretaria de PuntoGal e Trini Lorenzo Otero, responsable proxectos Unidade de Innovación Cruz Vermella de Galicia