PuntoGal e O Salto Galiza asinan un convenio de colaboración
Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2021 I O presidente da Asociación PuntoGal, Manuel González González e a presidenta de O Salto Galiza, Clara Figueroa, asinaron un convenio de colaboración mediante o cal O Salto se compromete a dar cobertura ás actividades realizadas por PuntoGal para promover a utilización do dominio a través dos seus órganos de expresión.
Amplíase ata o 27 de setembro o prazo para as candidaturas aos premios Spin-Off PuntoGal
Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2021.- A V edición dos galardóns distingue ás compañías e grupos de investigación máis innovadores
Primeira actividade das Gaélico Escolas
23 de agosto de 2021 – Esta mañá seis nenas e vinte e seis nenos comezaron o campus do Turonia Gondomar FG, a primeira actividade das Gaélico Escolas, que terán lugar no curso 2021-22 coa colaboración de PuntoGal.
PuntoGal patrocinará as escolas de fútbol gaélico
Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2021.- A Federación Galega de Fútbol (FGF) en Santiago, situada no estadio municipal Vero Boquete de San Lázaro, acolleu este mediodía o acto de sinatura do acordo polo que PuntoGal se converte no patrocinador principal de Gaélico Escolas, o proxecto de formación deportiva de base da Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG).
O fútbol gaélico na tempada 2020-2021
21 de xullo de 2021 – Coma o resto de deportes e actividades socio-culturáis, o fútbol gaélico afrontou un parón repentino en marzo de 2020, a falta dunha semana para a finalización da Liga Galega e obrigando a cancelar o resto de competicións da tempada 2019/20.
Punto Gal renova o seu convenio con VINTE de colaboración coa sección Vinte na Rede
15 de xullo de 2021 – PuntoGal e a revista dixital VINTE, asociada ao xornal Praza.gal, renovan o convenio para a publicación da sección “VINTE na rede”, unha serie de reportaxes que de xeito periódico analizan a creación de contido en galego que podemos ver na web e nas redes sociais.
Que é o fútbol gaélico?
21 de xullo de 2021 – O fútbol gaélico conta cuns valores únicos dentro do mundo do deporte: é un deporte amateur por definición e promove a cultura do “terceiro tempo”, primando a camaradería entre rivais.
Entréganse os premios do IV Concurso de microrrelatos
28 de xuño de 2021 – PuntoGal e a Real Academia entregaron esta mañá os premios do IV Concurso de microrrelatos que ambas as institución convocan conxuntamente co propósito de reforzar a presenza da lingua e da identidade propias na Rede.
PuntoGal colabora por cuarto ano consecutivo coa FIRST LEGO League Galicia
26 de maio de 2021.- A sétima edición FIRST LEGO League Galicia (FLL Galicia) celébrase o vindeiro 29 de maio. Como en edicións anteriores, o dominio PuntoGal colaborará co evento. Este ano, debido á pandemia, o campionato será en liña e contará coa participación de máis de 250 mozos e mozas. Nesta edición competirán 35 equipos,.
PuntoGal e a revista Mazarelos asinan un convenio de colaboración
20 de maio de 2021 – O presidente da Asociación PuntoGal, Manuel González González e o representante de Mazarelos, Mateo Martínez Torres asinaron un convenio de colaboración mediante o cal Mazarelos se compromete a dar cobertura ás actividades realizadas por PuntoGal. Ademais, e grazas a este acordo poderán obter un dominio .gal a prezos reducidos.
Os premios Spin-Off PuntoGal lanzan a súa quinta edición
20 de maio de 2021 – O Dominio PuntoGal e o portal GCiencia veñen de convocar a quinta edición dos Premios Spin-Off PuntoGal, que recoñecen as iniciativas mais innovadoras xurdidas no ámbito das tres universidades públicas galegas. As interesadas en participar poderán presentar as súas candidaturas ata o próximo 15 de setembro.
PuntoGal colabora coa IX edición do Día das Rapazas nas TIC
20 de abril de 2021 – Este ano, por mor da pandemia a celebración consistirá nunha videoconferencia e contará coa presenza de Beatriz Paz Santalla, Enxeñeira en telecomunicación, Ana Freire, Doutora en informática, Úrsula Martínez Álvarez, Enxeñeira Aeroespacial e Verónica Bolón Canedo, Doutora en informática.