Novas, Proxectos

A Selección Galega de Fútbol Gaélico prepárase para un novo Mundial

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2023 | A Selección Galega de Fútbol Gaélico, gaelicogalego.gal estase a preparar para un novo mundial, World Games, que desta volta se celebra na cidade norirlandesa de Derry. A competición tera lugar entre o 24 e o 28 de xullo, e se prevé a participación de uns 90 equipos de todo o mundo.

Será posible ver os partidos en diferentes plataformas e horarios. Para vos manter informados, recoméndamosvos estar atentos á súa web (gaelicogalego.gal) e ás suas redes sociais desde onde irán actualizando as canles e horarios das emisións.

A selección está presente en Derry con dous equipos masculinos e dous femininos, que se enfrontarán a algúns rivais históricos, coma os combinados franceses ou do Benelux, vellos coñecidos, pero tamén a novas incorporacións ao panorama internacional dos que sabemos menos, coma os equipos ingleses ou os que cruzan o atlántico desde Canada.

O combinado nacional debutou en Narón o 20 de xullo de 2012 contra Bretaña, aos que visitaron ao ano seguinte. O debut da selección feminina sería dous anos despois na Estrada contra a selección de Madrid.

Estes son os horarios básicos deste mundial. Como xa vos comentabamos antes, recomendamos estar atentos ás webs oficiais é a redes da federación para non perder calquera cambio de última hora, que sempre é posible nestas competicións:

O luns 24, as seleccións masculinas xogan ás 9:30, 10, 13 e 14h, e as femininas ás 10, 11:30, 13 e 15:30

O martes 25, día de Galicia, as rapazas xogan ás 11, 13, 15 e 16:30 e os rapaces ás 10, as 14 (os dous equipos ao mesmo tempo) e as 17.

O mércores 26 temos os equipos de mulleres ás 9:30, 11, 14 e 16, e os homes ás 9:30, 10 e 13:30.

O xoves 27 comezan as eliminatorias para a fase final, que se disputa o venres. Todas contamos con ter presenza galega nela, tendo en conta a marabillosa temporada que están tendo os nosos equipos.

Por certo, para vos animar a seguir ás nosas seleccións, sorteamos nas nosas redes sociais dúas camisolas oficiais cedidas pola federación. Aquí podedes ver o que tedes que facer: i.gal/derry