Novas de interese, Proxectos

Novo sorteo en agosto de Agasallo e PuntoGal

PuntoGal e Agasallo continuan cos sorteos de produtos galegos (e en galego) para todos os que nos seguen en redes sociais.

Participar é moi doado. Isto é o que hai que facer:
Seguir a PuntoGal e Agasallo nalgunha das seguintes redes:

Twitter https://twitter.com/punto_gal
Instagram https://www.instagram.com/puntogal/
Facebook https://www.facebook.com/puntogal
Twitter: https://twitter.com/AgasalloEu
Instagram: https://www.instagram.com/agasalloeu/
Facebook: https://www.facebook.com/AgasalloEu

Nelas verás unha publicación ou chío no que se fala dos regalos deste mes. O único que tes que facer é compartir e darlle a ‘gústame’ no post. Tedes ata o xoves 31 de agosto ás 23:59 para facelo.

Cando remate o prazo, publicaremos nas mesmas redes o nome da persoa gañadora.

En calquera caso, se tedes dúbidas, aquí tedes as bases detalladas para participar.

E imos xa cos produtos deste mes. Temos estes productos para pasar unha tarde divertida:

  • O gran libro dos nosos montes, de Blanca Millán que é unha ilustradora e escritora que escribe en galego, castelán en inglés. O libro está editado por Cumio Editorial  que na súa web se definen como unha “fábrica de historias e ao mesmo tempo somos todas e cada unha delas”.
  • Mitogali II, o xogo de rol de Dornavela Edicións. O xogo está enteiramente en galego e fai unha viaxe poal mitoloxía galega. Dornavela Edicións é unha editora que xurdiu das inquedanzas de tres persoas e na que todas e todos teñen cabida.

Por certo se queres seguir a PuntoGal noutras redes, recorda que tamén estamos aquí, aínda que sexa sen sorteos:
LinkedIn https://www.linkedin.com/company/puntogal/

YouTube https://www.youtube.com/channel/UCprW9A7Tg5Dp0-aWlK-LRkQ

TikTok https://www.tiktok.com/@dominio.gal

Mastodon: https://mastodon.gal/@puntogal

PuntoGal continúa co seu programa corporativo de apoio a iniciativas relacionadas coa lingua, a cultura e as TIC en Galicia. Entre as actividades realizadas figura o patrocinio dos Premios Paraugas do Clúster da Comunicación de Galicia, a organización dos Premios Spin-Off PuntoGal, a colaboración coas seleccións galegas de fútbol gaélico, a organización do certame de relatos coa Real Academia Galega, o soporte ao Museo do Pobo Galego no seu programa APOI de recuperación da memoria sonora de Galicia ou a aposta co Museo do Videoxogo de Galicia na súa sala dedicada á historia do videoxogo galego.

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua Galego é unha asociación nacida en 1996, que aglutina os/as profesionais da normalización lingüística en Galicia, botou a andar o proxecto Agasallo na Culturgal do ano 2013. Primeiro cun portal web específico e desde sempre nas redes sociais, o ánimo do proxecto mantívose inalterado: contribuír á difusión do traballo daquelas empresas e profesionais do ámbito cultural (mais non só) que visibilizan a lingua galega nos seus produtos e promover a elección de agasallos na nosa lingua.