PuntoGal e Agasallo continuan cos sorteos de produtos galegos (e en galego) para todos os que nos seguen en redes sociais.
Participar é moi doado. Isto é o que hai que facer:
Seguir a PuntoGal e Agasallo nalgunha das seguintes redes:
Twitter https://twitter.com/punto_gal
Instagram https://www.instagram.com/puntogal/
Facebook https://www.facebook.com/puntogal
Twitter: https://twitter.com/AgasalloEu
Instagram: https://www.instagram.com/agasalloeu/
Facebook: https://www.facebook.com/AgasalloEu
Nelas verás unha publicación ou chío no que se fala dos regalos deste mes. O único que tes que facer é compartir e darlle a ‘gústame’ no post. Tedes ata o xoves 30 de setembro ás 23:59 para facelo.
Cando remate o prazo, publicaremos nas mesmas redes o nome da persoa gañadora.
En calquera caso, se tedes dúbidas, aquí tedes as bases detalladas para participar.
E imos xa cos produtos deste mes. Temos estes productos para comezar o curso escolar con ánimo:
- O mandil de Lumecú, “O tren que me leva” de sarga algodón bordado. Lumecú é unha empresa de deseño téxtil que “recuperan o pasado para adaptalo ao día a día”.
- O volume de Baía A linguaxe das plantas de Helena Haraštová con tradución de María Reimondez. Un libro que nos conta como as plantas se interesan polo mundo que as rodea e reaccionan ante el.
- E para comezar ben o curso escolar unha axenda de Animosa, onde poderemos apuntar todos os acontecementos e citas. Animosa é unha marca creada por e para mulleres que quere darlel voz a aquelas que foron invisibilizadas.
Por certo se queres seguir a PuntoGal noutras redes, recorda que tamén estamos aquí, aínda que sexa sen sorteos:
LinkedIn https://www.linkedin.com/company/puntogal/
YouTube https://www.youtube.com/channel/UCprW9A7Tg5Dp0-aWlK-LRkQ
TikTok https://www.tiktok.com/@dominio.gal
Mastodon: https://mastodon.gal/@puntogal
PuntoGal continúa co seu programa corporativo de apoio a iniciativas relacionadas coa lingua, a cultura e as TIC en Galicia. Entre as actividades realizadas figura o patrocinio dos Premios Paraugas do Clúster da Comunicación de Galicia, a organización dos Premios Spin-Off PuntoGal, a colaboración coas seleccións galegas de fútbol gaélico, a organización do certame de relatos coa Real Academia Galega, o soporte ao Museo do Pobo Galego no seu programa APOI de recuperación da memoria sonora de Galicia ou a aposta co Museo do Videoxogo de Galicia na súa sala dedicada á historia do videoxogo galego.
A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua Galego é unha asociación nacida en 1996, que aglutina os/as profesionais da normalización lingüística en Galicia, botou a andar o proxecto Agasallo na Culturgal do ano 2013. Primeiro cun portal web específico e desde sempre nas redes sociais, o ánimo do proxecto mantívose inalterado: contribuír á difusión do traballo daquelas empresas e profesionais do ámbito cultural (mais non só) que visibilizan a lingua galega nos seus produtos e promover a elección de agasallos na nosa lingua.