Novas
PuntoGal e a Sons de Breogán asinan un convenio de colaboración
27 de outubro de 2021 I O presidente da Asociación PuntoGal, Manuel González González e o presidente de Sons de Breogán, Daniel Fiaño, asinaron un convenio de colaboración mediante o cal Sons de Breogán se compromete a dar cobertura ás actividades realizadas por PuntoGal para promover a utilización do dominio.
PuntoGal apoiará á Folkoteca Galega no seu proxecto de dixitalización de música tradicional
26 de outubro de 2021 I O presidente de PuntoGal, Manuel González, e o responsable da Folkoteca Galega, Julio Jesús León Pérez, asinaron esta pasada semana un convenio de colaboración polo que o dominio apoiará a este proxecto de dixitalización da música tradicional galega.
Mestrelab, Alice Biometrics e LBD, gañadores dos Premios Spin-Off PuntoGal
Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2021.- A spin-off da USC Mestrelab Research (Selo de Calidade), a start-up viguesa Alice Biometrics (Idea Emerxente) e o grupo Laboratorio de Bases de Datos (Grupos de Investigación) resultaron elixidos gañadores, nas súas respectivas categorías.
PuntoGal colabora coa XXV Noite Galega da Telecomunicación
Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2021.- PuntoGal estará presente, un ano máis, na Noite Galega da Telecomunicación e a Sociedade da Información que se celebra este venres, 22 de outubro, en Santiago de Compostela. O evento, organizado pola Asociación de Enxeñaría en Telecomunicación de Galicia (AETG), contará co patrocinio do dominio, no marco das accións de colaboración que ambas entidades desenvolven de forma periódica.
PuntoGal e O Salto Galiza asinan un convenio de colaboración
Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2021 I O presidente da Asociación PuntoGal, Manuel González González e a presidenta de O Salto Galiza, Clara Figueroa, asinaron un convenio de colaboración mediante o cal O Salto se compromete a dar cobertura ás actividades realizadas por PuntoGal para promover a utilización do dominio a través dos seus órganos de expresión.
Asemblea Ordinaria da Asociación PuntoGal
Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2021.- Tivo lugar a reunión Anual da Asociación PuntoGal e eleccións a cargos cesantes da Xunta Directiva.
Amplíase ata o 27 de setembro o prazo para as candidaturas aos premios Spin-Off PuntoGal
Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2021.- A V edición dos galardóns distingue ás compañías e grupos de investigación máis innovadores
27 de setembro, fin do prazo para SpinOff PuntoGal
Data: 27 de setembro de 2021
Hora: 12:00 PM
Lugar: Entrega online
Candidaturas aos cargos electos da Xunta Directiva
Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2021.- Publicación da listaxe definitiva dos candidatos aos cargos electos da Xunta Directiva da Asociación PuntoGal