Novas
PuntoGal participa no Día das Rapazas nas TIC
O acto organizado polo CESGA terá lugar o 28 de abril cunha multiconferencia web con catro referentes das TIC galegas
PuntoGal e Recuncho Gamer lanzan un Dicionario Gamer en galego en vídeos dun minuto
Hoxe mesmo se pode consultar o primeiro vídeo en recunchogamer.gal, e se irá engandindo un novo cada mércores, comezando mañá día 20.
PuntoGal e videoxogo.gal asinan un acordo de colaboración
Grazas a este acordo, as empresas e profesionais socias de videoxogos.gal poderán obter un dominio .gal a prezos reducidos
Abertos ao Galego facilita o acceso ao dominio PuntoGal aos seus asociados
As dúas entidades acordan unha promoción para que Abertos ao Galego poda ofertalos de balde aos asociados interesados en usalos nas súas webs.
PuntoGal renova o acordo de colaboración coa Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia
A Coruña, 4 de marzo de 2022 I A Asociación de Enxeñeiros en Telecomunicación de Galicia (AETG) e PuntoGal manteñen as súas accións de colaboración coa renovación do convenio, para facer chegar ao colectivo de enxeñeiros de telecomunicación asociados un desconto á hora de obter un dominio .gal.
PuntoGal e Balea Vermella renovan o convenio de patrocinio
28 de marzo de 2022 I O presidente de PuntoGal, Manuel González González e o representante de Balea Vermella, Javier Balea, asinaron a renovación do convenio de colaboración mediante o cal PuntoGal seguirá patrocinando o programa sobre ciencia en galego
PuntoGal colabora por quinto ano consecutivo coa FIRST LEGO League Galicia
A Coruña, 25 de febreiro de 2022 I Hoxe presentouse nos Xardíns do Campus de Ferrol unha nova edición da FIRST LEGO League Galicia. PuntoGal colaborará por quinto ano consecutivo como patrocinador deste evento, que se celebrará o sábado 5 de marzo en Ferrol.
PuntoGal e a Asociación galega de fútbol gaélico lanzan a web gaelicoescolas.gal
23 de febreiro de 2022 I Hoxe abriuse o acceso á nova web na que PuntoGal e a Asociación de fútbol gaélico informarán das actividades relacionadas con este deporte pensadas, sobre todo, para a xente máis nova.
PuntoGal e o podcast As Womansplainers asinan un convenio de colaboración
18 de febreiro de 2022 I PuntoGal asinou un acordo de colaboración coa revista Luzes mediante o cal establécese un patrocinio co podcast As Womansplainers, espazo presentado pola Malvada profe, Sara Martínez, Saboridinha e Ghanito.