Novas de interese, Proxectos

PuntoGal patrocinará as escolas de fútbol gaélico

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2021.- A Federación Galega de Fútbol (FGF) en Santiago, situada no estadio municipal Vero Boquete de San Lázaro, acolleu este mediodía o acto de sinatura do acordo polo que PuntoGal se converte no patrocinador principal de Gaélico Escolas, o proxecto de formación deportiva de base da Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG).
Ver máis
Proxectos

Que é o fútbol gaélico?

21 de xullo de 2021 - O fútbol gaélico conta cuns valores únicos dentro do mundo do deporte: é un deporte amateur por definición e promove a cultura do “terceiro tempo”, primando a camaradería entre rivais.
Ver máis
Proxectos destacados

Os proxectos, prioritarios en PuntoGal

A colaboración en proxectos é un dos fíos conductores prioritarios na acción de PuntoGal. O dominio dedica unha parte importante do seu labor diario en colaborar ou difundir proxectos que entendemos relevantes para a lingua, a cultura ou a rede en Galicia. Xunto coa venda de dominios e a representación de Galicia diante das entidades que xestionan a rede, o programa corporativo de apoio a iniciativas do país forma parte do noso ADN.
Ver máis
Novas destacadas

Que é PuntoGal?

PuntoGal é a entidade xestora do dominio galego. Como rexistro, ten entre as súas funcións manter operativos todos os nomes rexistrados baixo o paraugas de .GAL cumprindo as distintas normativas internacionais de funcionamento da rede. Pero PuntoGal é moito máis que iso. Sobre todo, é a historia do éxito dun esforzo común de país. Un símbolo de que, traballando xuntos, podemos obter calquera cousa. Ninguén podía pensar que Galicia podería ter un dominio propio para identificarnos na rede e, sen embargo, formamos parte dese clube de forma oficial desde 2013.
Ver máis