O pasado 15 de setembro, a Asociación PuntoGal realizou a súa Asemblea anual, que foi híbrida presencial-online por causa da pandemia causada pola Covid-19.
Nesta reunión entre outras cousas, se levaron a cabo as eleccións para os cargos saíntes da xunta directiva. Finalmente foron elixidos, ao non haber máis candidaturas, os candidatos presentados, como establecen os Estatutos da Asociación, quedando a composición da directiva como segue:
Presidente: Manuel González González
Vicepresidente: Camilo Regueiro López
Secretaria: Edita de Lorenzo Rodríguez
Tesoureiro: Marcos Fernández Otero
Vogais:
Anton Gómez Méixome
Manuel Bermejo Patiño
Javier Fernández Fraga
Sergio Aramburu Gullán
Ramón Paz González
Tras as eleccións tivo lugar a xuntanza anual, onde se presentaron as contas do 2020 e se aprobaron os orzamentos do 2021. O director xeral do dominio, Darío Janeiro, informou de todas as actuacións e convenios que se levaron a cabo durante este último ano.