Data: 27 de setembro de 2021
Hora: 12:00 PM
Lugar: Entrega online
A organización dos premios Spin-Off PuntoGal decidiu estender ata as 12:00 do vindeiro luns 27 de setembro o prazo de presentación de candidaturas para a quinta edición duns galardóns que recoñecen as iniciativas mais innovadoras xurdidas no ámbito das tres universidades públicas galegas. O Dominio PuntoGal e GCiencia organizan conxuntamente estes galardóns que premian a empresas e grupos de investigación .
A necesidade de ter máis tempo para completar a documentación necesaria –apuntada por algúns dos candidatos interesados en participar nos premios– levou á organización a realizar a extensión do prazo para as categorías Idea Emerxente (destinada a empresas innovadoras) e Grupos de Investigación.
Como xa acontecera en 2020, nesta nova edición os premios recoñecerán o labor desenvolvida polas empresas e os grupos de investigación das universidades galegas en tres apartados diferentes. O obxectivo é o de recoñecer a transferencia de coñecemento entre a universidade e a empresa e alentar o emprendemento que xorde desde os grupos de investigación universitarios.