Novas

Candidaturas aos cargos electos da Xunta Directiva

Cumprindo o acordado na Asemblea do 18 de outubro de 2020, e de acordo co establecido nos estatutos de PuntoGal,  convocouse elección aos seguintes cargos cesantes da Xunta Directiva:

    • Presidente
    • Secretaria
    • Vogal 3
    • Vogal 5
Vencido o prazo de recepción de candidaturas o día 13 de setembro ás 23:59 horas, os candidatos que se postulan aos diferentes cargos son os seguintes:
  • Presidente: Manuel González González
  • Secretaria: M. Edita de Lorenzo Rodríguez
  • Vogal 3: Sergio Aramburu Guillán
  • Vogal 5: Ramón Paz González
O acto electoral terá lugar mañá día 15 de setembro ás 18 horas.