Novas
PuntoGal aproba por unaminidade a xestión e as contas na súa asemblea anual celebrada en Santiago
Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2026. O pasado mércores, 1 de xullo, o Museo do Pobo de Santiago de Compostela acolleu a Asemblea anual de PuntoGal.
O presidente do dominio, Manuel González, abriu a sesión salientando a saúde de PuntoGal e o seu papel como motor de múltiples iniciativas no ámbito da lingua, a cultura e a tecnoloxía en Galicia. A continuación, o Director xeral, Darío Janeiro, presentou o informe das actividades realizadas no último ano, así como o informe económico e os orzamentos.
Na sesión repasáronse algúns dos proxectos máis relevantes nos que traballa o dominio, entre os que figuran as iniciativas no ámbito da Aceptación Universal, o proxecto de buscas en Google en galego, o Observatorio Miradoiro sobre a rede galega, ademais das distintas iniciativas que apoia, como as referidas ao Museo do Pobo Galego, o seu concurso de relatos que chegará á décima edición en 2027, o patrocinio das feiras de autoedición ou o recente convenio de apoio ao galego de Asturias, entre outras.
A asemblea aprobou por unaminidade a xestión anual e as contas.
Finalmente, aprobouse tamén a solicitude de InvestiGal para formar parte da asociación, unha vez verificado que cumpre as condicións sinaladas nos estatutos.