Novas, Novas de interese, Proxectos

PuntoGal asina un convenio de patrocinio co Museo do videoxogo de Galicia (MUVI)

9 de marzo de 2021 - O presidente da Asociación PuntoGal, Manuel González González e o representante da Fundación do Museo do videoxaogo, Galo Alberto Martínez Nieto, asinaron un convenio de patrocinio mediante o cal PuntoGal fai unha aportación económica para o funcionamento do MUVI e as actividades que desenvolve.
Ver máis
Novas, Proxectos

Remata o IV Concurso de Microrrelatos de PuntoGal e a Academia Galega

1 de marzo de 2021 -Este pasado domingo día 28 de febreiro rematou o prazo de presentación de relatos para o IV Concurso de Microrrelatos de PuntoGal e a Real Academia Galega. As dúas entidades mostran a súa satisfacción pola crecente participación de relatos, que este ano superan os 1.500. o dobre da participación do ano anterior e tres veces máis que no segundo ano de certame.
Ver máis
Novas

A Fundación Rosalía de Castro celebra este ano o “Día de Rosalía na Casa”

23 de febrero de 2021 - O día 24 de febreiro celébrase o 184 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro e a Fundación Rosalía de Castro, rosalia.gal, ten previsto realizar varias actividades online, esta ano co nome de “Día de Rosalía na Casa”. A Fundación é unha organización de interese galego coa finalidade de fomentar e difundir o culto á memoria de Rosalía.
Ver máis
Novas, Proxectos

A Real Academia Galega e PuntoGal convocan a cuarta edición do concurso de microrrelatos

A Coruña, 28 de xaneiro de 2021.- A Real Academia Galega e a Asociación PuntoGal convocan a cuarta edición do certame de microrrelatos que crearon en 2018 co obxectivo de reforzar a presenza da lingua e da identidade propias no mundo dixital. O prazo de presentación dos textos, dun máximo de 200 palabras, permanecerá aberto durante o mes de febreiro.
Ver máis