Novas
PuntoGal colabora coa XXV Noite Galega da Telecomunicación
Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2021.- PuntoGal estará presente, un ano máis, na Noite Galega da Telecomunicación e a Sociedade da Información que se celebra este venres, 22 de outubro, en Santiago de Compostela. O evento, organizado pola Asociación de Enxeñaría en Telecomunicación de Galicia (AETG), contará co patrocinio do dominio, no marco das accións de colaboración que ambas entidades desenvolven de forma periódica.
PuntoGal e O Salto Galiza asinan un convenio de colaboración
Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2021 I O presidente da Asociación PuntoGal, Manuel González González e a presidenta de O Salto Galiza, Clara Figueroa, asinaron un convenio de colaboración mediante o cal O Salto se compromete a dar cobertura ás actividades realizadas por PuntoGal para promover a utilización do dominio a través dos seus órganos de expresión.
Asemblea Ordinaria da Asociación PuntoGal
Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2021.- Tivo lugar a reunión Anual da Asociación PuntoGal e eleccións a cargos cesantes da Xunta Directiva.
Amplíase ata o 27 de setembro o prazo para as candidaturas aos premios Spin-Off PuntoGal
Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2021.- A V edición dos galardóns distingue ás compañías e grupos de investigación máis innovadores
Candidaturas aos cargos electos da Xunta Directiva
Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2021.- Publicación da listaxe definitiva dos candidatos aos cargos electos da Xunta Directiva da Asociación PuntoGal
PuntoGal apoia a divulgación científica en galego en Twitch mediante un convenio con Balea Vermella
26 de agosto de 2021 I A nova temporada dos directos en Twitch de Balea Vermella contará co apoio de PuntoGal. O dominio asinou un convenio de colaboración para patrocinar os directos que semanalmente realizan Javier Balea e Iria Veiga arredor da divulgación científica en galego.
Primeira actividade das Gaélico Escolas
23 de agosto de 2021 - Esta mañá seis nenas e vinte e seis nenos comezaron o campus do Turonia Gondomar FG, a primeira actividade das Gaélico Escolas, que terán lugar no curso 2021-22 coa colaboración de PuntoGal.
Buscamos unha empresa para un proxecto novo
En PuntoGal queremos poñer en marcha un produto para todos os galegos. Pulsa para saber máis. Esperamos sabes de vos antes do 10 de setembro para nos poñer a traballar.
O fútbol gaélico na tempada 2020-2021
21 de xullo de 2021 - Coma o resto de deportes e actividades socio-culturáis, o fútbol gaélico afrontou un parón repentino en marzo de 2020, a falta dunha semana para a finalización da Liga Galega e obrigando a cancelar o resto de competicións da tempada 2019/20.