Novas
Punto Gal renova o seu convenio con VINTE de colaboración coa sección Vinte na Rede
15 de xullo de 2021 - PuntoGal e a revista dixital VINTE, asociada ao xornal Praza.gal, renovan o convenio para a publicación da sección “VINTE na rede”, unha serie de reportaxes que de xeito periódico analizan a creación de contido en galego que podemos ver na web e nas redes sociais.
PuntoGal lanza a súa nova web, centrada en poñer en valor os proxectos nos que colabora o dominio
PuntoGal lanza a súa nova web, asociacion.gal, na que pon en primeiro termo o seu programa corporativo de apoio a proxectos nos ámbitos da cultura, a lingua ou a tecnoloxía. A páxina salienta a historia do dominio desde que iniciou a súa andaina no ano 2006 ata hoxe, repasando os momentos máis importantes do proceso de obtención dun dominio propio para Galicia.
PuntoGal reúnese co secretario xeral de Emigración para potenciar o uso do dominio no exterior
29 de maio de 2021 - O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo nas últimas horas una reunión cos responsables de PuntoGal, co obxectivo de potenciar no exterior o uso deste dominio a través dos centros galegos. A aplicación do “.gal” reforza a imaxe de Galicia no exterior e facilita que as asociacións galegas participen dun dominio que permite localizar os contidos e a información cultural.
PuntoGal colabora por cuarto ano consecutivo coa FIRST LEGO League Galicia
26 de maio de 2021.- A sétima edición FIRST LEGO League Galicia (FLL Galicia) celébrase o vindeiro 29 de maio. Como en edicións anteriores, o dominio PuntoGal colaborará co evento. Este ano, debido á pandemia, o campionato será en liña e contará coa participación de máis de 250 mozos e mozas. Nesta edición competirán 35 equipos,.
PuntoGal e a revista Mazarelos asinan un convenio de colaboración
20 de maio de 2021 - O presidente da Asociación PuntoGal, Manuel González González e o representante de Mazarelos, Mateo Martínez Torres asinaron un convenio de colaboración mediante o cal Mazarelos se compromete a dar cobertura ás actividades realizadas por PuntoGal. Ademais, e grazas a este acordo poderán obter un dominio .gal a prezos reducidos.
Os premios Spin-Off PuntoGal lanzan a súa quinta edición
20 de maio de 2021 - O Dominio PuntoGal e o portal GCiencia veñen de convocar a quinta edición dos Premios Spin-Off PuntoGal, que recoñecen as iniciativas mais innovadoras xurdidas no ámbito das tres universidades públicas galegas. As interesadas en participar poderán presentar as súas candidaturas ata o próximo 15 de setembro.
PuntoGal participa nas XXX Xornadas de Lingua e Literatura Galegas
22 de abril de 2021 - PuntoGal participará o próximo 24 de abril nas XXX Xornadas de Lingua e Literatura Galegas organizadas pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega e Cig-Ensino. A AS-PG e a CIG Ensino levan 30 anos celebrando as Xornadas de Lingua e Literatura que pretenden servir de actualización e lugar de reflexión para as docentes de dita materia.
PuntoGal colabora coa IX edición do Día das Rapazas nas TIC
20 de abril de 2021 - Este ano, por mor da pandemia a celebración consistirá nunha videoconferencia e contará coa presenza de Beatriz Paz Santalla, Enxeñeira en telecomunicación, Ana Freire, Doutora en informática, Úrsula Martínez Álvarez, Enxeñeira Aeroespacial e Verónica Bolón Canedo, Doutora en informática.
PuntoGal asina un convenio de patrocinio co Museo do videoxogo de Galicia (MUVI)
9 de marzo de 2021 - O presidente da Asociación PuntoGal, Manuel González González e o representante da Fundación do Museo do videoxaogo, Galo Alberto Martínez Nieto, asinaron un convenio de patrocinio mediante o cal PuntoGal fai unha aportación económica para o funcionamento do MUVI e as actividades que desenvolve.