Novas
A feira de autoedición Autobán celébrase o 15 e 16 de agosto na Coruña co patrocinio de PuntoGal
O verán de 2025 comezou, como é tradición, co FunFunFun, a veterana cita compostelá que se converteu nun escaparate de referencia para a ilustración, a banda deseñada, a música e a edición alternativa. Esta feira marcou o inicio dunha tempada chea de propostas culturais diversas, abertas e participativas.
PuntoGal e a RAG entregan os premios do VIII Concurso de microrrelatos
Santiago Argüeso Galván, Damián Fernández Rodríguez e Rebeca Lema son os gañadores da categoría de adultos. Na categoría xuvenil os dous primeiros galardóns son para Yanira Ansede Iglesias e Mencía Rodríguez. Na modalidade infantil os premios son para Ana López Canosa, Laura Álvarez Barrio e Irene Suárez Rodríguez.
Manuel González, reelixido presidente de PuntoGal na asemblea anual da asociación
Os e as asistentes aprobaron por unanimidade a xestión, así como o orzamento de 2025. Igualmente, déuselle o visto e prace ao peche contable de 2024.
As Gaélico Escolas Puntogal, récord de participación nas súas actividades con máis de 3.000 nenos e nenas
Arredor de 3.000 nenas e nenos xogan nas actividades das Gaélico Escolas Puntogal e o equipo Estrela Supernova proclamouse campión de Europa na categoría cadete
A Copa Galega, celebrada en Ribeira, marcou un récord de inscricións con 20 equipos e 300 xogadoras e xogadores
CONVOCATORIA ASEMBLEA 2025
Data:10 de xullo 2025
Hora: 17:30 PM
Lugar: Museo do Pobo Galego
CONVOCATORIA ELECCIÓNS PUNTOGAL
Data: 10 de xullo de 2025
Hora: 17:00 PM
Lugar: Museo do Pobo Galego
PuntoGal e a RAG resolven o VIII Concurso de microrrelatos con premios de Galicia a Polonia
Santiago Argüeso Galván, veciño de Lugo, mereceu o primeiro premio da categoría de persoas adultas. Damián Fernández Rodríguez, nado en Ourense e residente en Barcelona; e Rebeca Lema, con raíces familiares en Laxe e docente en Varsovia, gañan o segundo e o terceiro. Marisa Vidal Collazo (Corme) e Sara Jul (San Cibrao) son as finalistas
PuntoGal mantén o seu apoio á autoedición galega co patrocinio dos festivais Funfunfun e Autobán
As citas deste verán cos fanzines, a banda deseñada e máis formas de arte autoxestionada ábrense estes 6 e 7 de xuño en Compostela, no VII Movidote de Autoedición Funfunfun. O 15 e 16 de agosto terá lugar na Coruña o XI Autobán, coincidido con Viñetas desde o Atlántico
A dixitalización, imprescindible para preservar o patrimonio inmaterial galego
Expertos do Museo do Pobo Galego, AETG/COETG e PuntoGal destacan que a dispoñibilidade do material tradicional axuda a que artistas emerxentes integren as pezas en creacións contemporáneas e acheguen este patrimonio á cidadanía