Novas
Do relato negro á alegría de aprender o galego: PuntoGal e a Real Academia Galega premian nove historias de autoras e autores entre os 11 e os 70 anos
Sonia Corral Franco (1979), veciña de San Sadurniño, fíxose co primeiro premio na categoría de persoas adultas. Marcos Taracido (1971), residente en Teo; e Lara Costas (2004), de Redondela, foron distinguidos co segundo e co terceiro, respectivamente.
O fútbol gaélico galego continúa medrando e consolida as súas aspiracións internacionais
Durante os últimos meses, os equipos galegos de fútbol gaélico demostraron o talento deportivo da nosa comunidade fronte a Europa. Cos Xogos Mundiais de Fútbol Gaélico (GAA World Games) ao virar a esquina, a selección galega conseguiu saír triunfal dos últimos torneos celebrados nesta disciplina deportiva.
PuntoGal impulsa a autoedición en Galicia co patrocinio do FunFunFun, Autobán e Vaivavaia
As tres grandes citas da autoedición galega, apoiadas polo dominio, enchen o verán de creatividade desde Compostela, A Coruña e Lugo, movilizando un total de máis de 200 creadores.
PuntoGal colabora coa Festa da lingua do 24 de maio organizada por Escolas Semente
A programación da Festa da Lingua contará cun cartel artístico de primeiro nivel, pensado para todos os públicos e cunha forte aposta pola creación galega actual.
Subscríbete ao galego: celebramos un ano máis o xornalismo na nosa lingua
Dende o 17 de maio ata o 31 do mesmo mes, as persoas que se subscriban nalgún dos medios participantes na campaña recibirán un dominio .GAL e un hosting totalmente de balde durante o período dun ano.
PuntoGal felicita ao Museo do Pobo Galego polo seu 50 aniversario e recoñece a importancia da súa traxectoria na defensa da cultura galega
Desde a súa creación en 1976 e a súa apertura ao público no 77, o Museo do Pobo Galego converteuse nunha institución de referencia para o país, desempeñando un papel fundamental na preservación da memoria colectiva do pobo galego
PuntoGal colabora con InvestiGal na celebración do II Foro da Investigación Galega no Estranxeiro
Co obxectivo de promover a equidade e pluralidade de achegas ao coñecemento, o II FIGaE convidará a investigadores profesionais de diferentes áreas de estudo.
PuntoGal e AGPI asinan un convenio de colaboración para o uso do dominio entre os ilustradores galegos
O convenio facilita a adquisición de dominios a prezos especiais e busca afondar na relación das dúas entidades, abrindo portas a colaboracións futuras
PuntoGal e Espiga colaboran para levar a creación de videoxogos ao ámbito educativo co programa “O Demo Game Jam”
PuntoGal e Espiga veñen de formalizar un convenio de colaboración mediante o cal a entidade xestora do dominio .gal se converte en patrocinadora do proxecto “O Demo Game Jam”, unha iniciativa de promoción da creatividade dixital entre a mocidade galega.