Axenda

CONVOCATORIA ASEMBLEA 2026

Pola presente, convócase a Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación PuntoGal que terá lugar en

Data: 1 de xullo de 2026

Hora: 

1ª Convocatoria: 17:00 horas (CEST)

2ª Convocatoria: 17:30 (CEST)

 

Lugar de Celebración:  Museo do Pobo Galego, Costa de San Domingos, s/n, Santiago de Compostela, e conexión online para quen non se poida achegar

No caso de que calquera persoa asociada non poda acudir,  seguirá existindo a posibilidade de delegar o seu voto enviando o documento cuberto e dixitalizado por correo electrónico (info@dominio.gal), antes do 25 de xuño de 2026. Cada socio poderá ter un máximo de 1 voto delegado, é dicir, o seu voto persoal máis outro en representación daquel membro que lle outorgue a delegación do voto ao seu favor.

 

Orde do día:

– Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior
– Informe sobre a actividade da Xunta Directiva
– Aprobación, se procede, do exercicio económico do 2025
– Aprobación, se procede, do orzamento de 2026
– Asuntos en trámite: aprobación da solicitude de InvestiGal
– Rogos e preguntas

 

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2025