Novas
PuntoGal e a Folkoteca Galega continúan colaborando co proxecto de dixitalización de música tradicional
Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2025.- O presidente de PuntoGal, Manuel González, e o responsable da Folkoteca Galega, Julio Jesús León Pérez, renovaron un ano máis o seu compromiso coa dixitalización da música tradicional galega.
PuntoGal colabora con Folkoteca Galega, o proxecto sen ánimo de lucro que recolle, clasifica, dixitaliza, difunde e espalla a música tradicional galega a través da web, folkotecagalega.gal. Esta entidade ten como obxectivo fundacional fornecer acceso a recursos deste tipo de música a todos os interesados en coñecela, aprendela ou usala no ámbito didáctico.
No dominio folkotecagalega.gal recóllense cantigas tradicionais nas súas diferentes formas e reproducións das súas partituras dun xeito colaborativo e didáctico.
PuntoGal engloba esta colaboración dentro das súas accións corporativas de apoio a iniciativas relacionadas coa lingua, a cultura e as TIC en Galicia.