Novas de interese
PuntoGal renova o acordo de colaboración coa Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia
A Coruña, 4 de marzo de 2022 I A Asociación de Enxeñeiros en Telecomunicación de Galicia (AETG) e PuntoGal manteñen as súas accións de colaboración coa renovación do convenio, para facer chegar ao colectivo de enxeñeiros de telecomunicación asociados un desconto á hora de obter un dominio .gal.
PuntoGal e Balea Vermella renovan o convenio de patrocinio
28 de marzo de 2022 I O presidente de PuntoGal, Manuel González González e o representante de Balea Vermella, Javier Balea, asinaron a renovación do convenio de colaboración mediante o cal PuntoGal seguirá patrocinando o programa sobre ciencia en galego
PuntoGal colabora por quinto ano consecutivo coa FIRST LEGO League Galicia
A Coruña, 25 de febreiro de 2022 I Hoxe presentouse nos Xardíns do Campus de Ferrol unha nova edición da FIRST LEGO League Galicia. PuntoGal colaborará por quinto ano consecutivo como patrocinador deste evento, que se celebrará o sábado 5 de marzo en Ferrol.
PuntoGal e a Asociación galega de fútbol gaélico lanzan a web gaelicoescolas.gal
23 de febreiro de 2022 I Hoxe abriuse o acceso á nova web na que PuntoGal e a Asociación de fútbol gaélico informarán das actividades relacionadas con este deporte pensadas, sobre todo, para a xente máis nova.
PuntoGal e o podcast As Womansplainers asinan un convenio de colaboración
18 de febreiro de 2022 I PuntoGal asinou un acordo de colaboración coa revista Luzes mediante o cal establécese un patrocinio co podcast As Womansplainers, espazo presentado pola Malvada profe, Sara Martínez, Saboridinha e Ghanito.
PuntoGal renova o convenio coa Biblioteca de Galicia para enriquecer a Colección web de Galicia
7 de febreiro de 2022 I PuntoGal e a Biblioteca de Galicia renovaron o convenio para a recolección das páxinas baixo o dominio .GAL e incorporalas á Colección web de Galicia ao seu depósito legal electrónico.
Un compromiso común coa transformación dixital
Un artigo de Darío Janeiro, Director xeral do Dominio PuntoGal publicado na revista A Nosa Rede de decembro de 2021, do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia
PuntoGal volve ao Culturgal
22 de novembro de 2021I A Asociación PuntoGal acudirá por sétimo ano á Feira das Industrias Culturais, Culturgal, que se celebra entre os días 26 e 28 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra.
PuntoGal colabora co Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade do Museo do Pobo Galego
18 de novembro de 2021I O Museo do Pobo Galego e PuntoGal asinaron hoxe un convenio de colaboración polo que o dominio colaborará activamente cos obxectivos do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI).