Novas de interese
Mestrelab, Alice Biometrics e Laboratorio de Bases de Datos reciben os Premios Spin-Off PuntoGal en A Coruña
16 de novembro I O conselleiro de Cultura e Educación, Román González, o reitor da UdC, Julio Abalde, e o concelleiro de Economía e Facenda do Concello de A Coruña, José Manuel Lage, entre outras autoridades acudiro ao acto.
PuntoGal participará no Foro da Comunicación e nos VI Premios Paraugas
11 de novembro 2021 I O próximo venres día 12 de outubro, terá lugar en Expourense o 9º Foro da Comunicación e os VI Premios Paraugas, organizado polo Clúster da Comunicación e Expourense e onde PuntoGal participará de forma activa como patrocinador e membro do clúster.
PuntoGal e a Sons de Breogán asinan un convenio de colaboración
27 de outubro de 2021 I O presidente da Asociación PuntoGal, Manuel González González e o presidente de Sons de Breogán, Daniel Fiaño, asinaron un convenio de colaboración mediante o cal Sons de Breogán se compromete a dar cobertura ás actividades realizadas por PuntoGal para promover a utilización do dominio.
PuntoGal apoiará á Folkoteca Galega no seu proxecto de dixitalización de música tradicional
26 de outubro de 2021 I O presidente de PuntoGal, Manuel González, e o responsable da Folkoteca Galega, Julio Jesús León Pérez, asinaron esta pasada semana un convenio de colaboración polo que o dominio apoiará a este proxecto de dixitalización da música tradicional galega.
PuntoGal colabora coa XXV Noite Galega da Telecomunicación
Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2021.- PuntoGal estará presente, un ano máis, na Noite Galega da Telecomunicación e a Sociedade da Información que se celebra este venres, 22 de outubro, en Santiago de Compostela. O evento, organizado pola Asociación de Enxeñaría en Telecomunicación de Galicia (AETG), contará co patrocinio do dominio, no marco das accións de colaboración que ambas entidades desenvolven de forma periódica.
PuntoGal apoia a divulgación científica en galego en Twitch mediante un convenio con Balea Vermella
26 de agosto de 2021 I A nova temporada dos directos en Twitch de Balea Vermella contará co apoio de PuntoGal. O dominio asinou un convenio de colaboración para patrocinar os directos que semanalmente realizan Javier Balea e Iria Veiga arredor da divulgación científica en galego.
Primeira actividade das Gaélico Escolas
23 de agosto de 2021 - Esta mañá seis nenas e vinte e seis nenos comezaron o campus do Turonia Gondomar FG, a primeira actividade das Gaélico Escolas, que terán lugar no curso 2021-22 coa colaboración de PuntoGal.
PuntoGal patrocinará as escolas de fútbol gaélico
Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2021.- A Federación Galega de Fútbol (FGF) en Santiago, situada no estadio municipal Vero Boquete de San Lázaro, acolleu este mediodía o acto de sinatura do acordo polo que PuntoGal se converte no patrocinador principal de Gaélico Escolas, o proxecto de formación deportiva de base da Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG).
O fútbol gaélico na tempada 2020-2021
21 de xullo de 2021 - Coma o resto de deportes e actividades socio-culturáis, o fútbol gaélico afrontou un parón repentino en marzo de 2020, a falta dunha semana para a finalización da Liga Galega e obrigando a cancelar o resto de competicións da tempada 2019/20.