21
Proxectos activos en 2024
31
Convenios asinados
1450
Número de textos presentados ao certame de micro-relatos

PuntoGal patrocinará as escolas de fútbol gaélico

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2021.- A Federación Galega de Fútbol (FGF) en Santiago, situada no estadio municipal Vero Boquete de San Lázaro, acolleu este mediodía o acto de sinatura do acordo polo que PuntoGal se converte no patrocinador principal de Gaélico Escolas, o proxecto de formación deportiva de base da Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG).

Ver máis

PuntoGal e a revista Mazarelos asinan un convenio de colaboración

20 de maio de 2021 – O presidente da Asociación PuntoGal, Manuel González González e o representante de Mazarelos, Mateo Martínez Torres asinaron un convenio de colaboración mediante o cal Mazarelos se compromete a dar cobertura ás actividades realizadas por PuntoGal. Ademais, e grazas a este acordo poderán obter un dominio .gal a prezos reducidos.

Ver máis

Remata o IV Concurso de Microrrelatos de PuntoGal e a Academia Galega

1 de marzo de 2021 -Este pasado domingo día 28 de febreiro rematou o prazo de presentación de relatos para o IV Concurso de Microrrelatos de PuntoGal e a Real Academia Galega. As dúas entidades mostran a súa satisfacción pola crecente participación de relatos, que este ano superan os 1.500. o dobre da participación do ano anterior e tres veces máis que no segundo ano de certame.

Ver máis