Novas
Manuel González, reelixido presidente de PuntoGal na asemblea anual da asociación
Os e as asistentes aprobaron por unanimidade a xestión, así como o orzamento de 2025. Igualmente, déuselle o visto e prace ao peche contable de 2024.
As Gaélico Escolas Puntogal, récord de participación nas súas actividades con máis de 3.000 nenos e nenas
Arredor de 3.000 nenas e nenos xogan nas actividades das Gaélico Escolas Puntogal e o equipo Estrela Supernova proclamouse campión de Europa na categoría cadete
A Copa Galega, celebrada en Ribeira, marcou un récord de inscricións con 20 equipos e 300 xogadoras e xogadores
PuntoGal e o Museo do Pobo Galego homenaxean ás cantareiras coa campaña Porque cantaron, cantamos
Porque foron, somos. Porque cantaron, cantamos. Esta é a campaña que hoxe lanza PuntoGal, en colaboración co Museo do Pobo Galego, para celebrar o Día das Letras Galegas.
A Asociación de Medios en Galego, dinahosting e PuntoGal volven a unirse polo Día das Letras Galegas e de Internet
Despois do éxito das convocatorios anteriores, o “Subscríbete ao galego” volve un ano máis a agasallar un dominio .gal e un hosting de balde durante un ano.
PuntoGal renova por sétimo ano consecutivo o seu compromiso co fútbol gaélico
Arredor de 3.000 nenas e nenos participarán este ano nas actividades das Gaélico Escolas PuntoGal. O domino seguirá patrocinando as seleccións galegas dun deporte que conta con medio millar de persoas federadas.
PuntoGal, coas novas promesas da ciencia e a tecnoloxía na XI FIRST Lego League Galicia
Os equipos Captioma Elementals, de Ourense, e MEGA BUILDER TEAM, de Ribeira, clasifícanse para a fase estatal da FIRST Lego League
PuntoGal e Praza.gal renovan o seu convenio para a proxecto Vinte na rúa de Vinte
A sección recompila historias de persoas que viven en Galicia e que contan a súa ocupación ou afeccións a través de reportaxes íntimas
PuntoGal colabora por oitavo ano consecutivo na FIRST Lego League Galicia
O programa, que nesta undécima edición congregará máis de 350 participantes, busca fomentar a vocación científica e tecnolóxica entre a rapazada a través de xogos e retos por equipos o sábado 22 no campus industrial de Ferrol
A Olimpíada Informática Galega celebra a súa edición de 2025 este sábado 15 en Santiago de Compostela
PuntoGal e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) colaboran na celebración desta edición, que terá lugar na Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC desde as 10 da mañá.