Novas

PuntoGal e Praza.gal renovan o seu convenio para a proxecto Vinte na rúa de Vinte

A sección recompila historias de persoas que viven en Galicia e que contan a súa ocupación ou afeccións a través de reportaxes íntimas

PuntoGal, a entidade xestora do dominio identificador de Galicia na rede, e Praza.gal, renovaron o convenio para manter a serie Vinte na rúa. Esta sección do medio de comunicación galego está dedicada a recompilar historias de personas que viven en Galicia, en cidades ou vilas, con ocupacións, actividades ou afeccións tan distintas como as dun profesor, unha corredora de rallies ou unha fotógrafa. A cidadanía que protagoniza Vinte na rúa conta o seu día a día a través de reportaxes persoais publicados dúas veces ao mes. A colaboración entre as entidades xurdiu en xaneiro de 2020 co patrocinio, por parte de PuntoGal, da sección Vinte na rede.

Sobre Vinte

VINTE é unha revista e plataforma de contido multimedia vinculada ao xornal Praza.gal e dirixida a un público de entre 20 e 45 anos. Naceu a finais de 2018 coa vocación de ser “a revista para a Galicia dos anos 20” e de producir xornalismo en diversos formatos para ofrecer unha visión fresca do que pasa en Galicia en cuestións de sociedade, cultura e tendencias. Os seus contidos distribúense a través da web vinte.praza.gal e dos seus perfís en Instagram, Facebook, Twitter e Youtube.