Novas, Novas de interese

PuntoGal, coas novas promesas da ciencia e a tecnoloxía na XI FIRST Lego League Galicia

O campus industrial de Ferrol foi sede este sábado da XI FIRST Lego League Galicia, o programa internacional de promoción da cultura científica e tecnolóxica que na súa fase galega organiza a Universidade da Coruña, e que desde hai oito anos conta coa colaboración ininterrompida de PuntoGal, a xestora do dominio identificador de Galicia na rede.

Rapaces e rapazas de centros de estudos galegos e de Asturias participaron, repartidos en 53 equipos e tres categorías –a Discover, de menores de 5 e 6 anos, a Explore, de participantes de entre 6 e 9 anos, e a Challenge, onde compite o alumnado de entre 10 e 16 anos– no desafío #Submerged, dirixido a poñer a proba o pensamento creativo da rapazada para explorar as capas do océanos e levar ata a superficie as súas aprendizaxes e ideas.

O Auditorio de Ferrol acolleu, xa pola tarde, a entrega de premios, que recoñeceron os equipos vencedores nas seguintes categorías:

Primeiro Premio Ingenier@ Soy ao Gañador: Captioma Elementals, Captioma Galicia SL (Ourense)

Segundo Premio Universidade da Coruña ao Gañador: MEGA BUILDER TEAM, MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)

Primeiro Premio Concello de Ferrol aos Valores FIRST: Ctrl+T, IES As Telleiras (Narón, A Coruña)

Segundo Premio Deputación da Coruña aos Valores FIRST: ROBOT CITY POBRA, MEGA Riveira (Ribeira, A Coruña)

Primeiro Premio Xunta de Galicia ao Proxecto de Innovación: MontecasteloBOT, Colexio Montecastelo (Vigo, Pontevedra)

Segundo Premio ICOIIG ao Proxecto de Innovación: Os robots do pazo, IES de Fene (Fene, A Coruña)

Premio ao Deseño do Robot: Team Kraken (Avilés, Asturias)

Premio ao Comportamento do Robot: Captioma Elementals, Captioma Galicia SL (Ourense)

Premio .GAL ás Novas Promesas: The Electrics, e-makers Lab (Narón, A Coruña)

Premio GABADI á Excelencia en Enxeñaría: Sea Savers, Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)

O recoñecemento ao Compañeirismo: Os Muxes, Gazapo Xestión SL (Narón, A Coruña)

Premio ao/á adestrador/a: David García, do equipo Team Kraken

Nominación National Innovation Award: MontecasteloBOT, Colexio Montecastelo (Vigo, Pontevedra)

Recoñecemento ao compañeirismo extraordinario: Os Muxes

Nesta edición, PuntoGal patrocinou e entregou o premio ás Novas Promesas, ao equipo The Electric, que o alumnado recolleu da man de Cristina Ríos, responsable de Administración da entidade.

Os equipos Captioma Elementals e MEGA BUILDER TEAM acceden, deste xeito,á fase estatal da FIRST Lego League, que nesta edición tamén se celebrará no campus industrial de Ferrol, o vindeiro 29 de marzo.