Novas

Manuel González, reelixido presidente de PuntoGal na asemblea anual da asociación

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2025. O pasado xoves, 10 de xullo, o Museo do Pobo de Santiago de Compostela acolleu a Asemblea anual de PuntoGal na que, de acordo cos seus estatutos, tivo lugar unha elección de xunta directiva. O resultado foi a reelección de Manuel González como presidente. 

En canto ao resto da xunta directiva, seguindo as premisas da convocatoria, dado que só houbo unha candidatura para cada posto ou vogalía, quedou renovada automaticamente nos seguintes cargos:

  •       Secretaría: Edita de Lorenzo Rodríguez
  •       Vogal número 3: Sergio Aramburu Guillán
  •       Vogal número 5: Ramón Paz González

Por outra parte, no resta da sesión o director xeral, Darío Janeiro, informou das actividades realizadas no último ano, así como do peche contable do ano anterior e dos novos orzamentos.

Na sesión incidiuse na idea de que PuntoGal debe ser un actor relevante da sociedade civil galega mediante o seu programa de acción corporativa, que inclúe patrocinios e apoio a actividades no marco da lingua, a cultura e as TIC en Galicia. 

Os e as asistentes aprobaron por unanimidade a xestión, así como o orzamento de 2025. Igualmente, déuselle o visto e prace ao peche contable de 2024.