Novas de interese

Estes son son agasallos da CNTL e PuntoGal

Nestas festas sempre toca facer agasallos. E hai xente para a que é sinxelo, pero non sempre é así. Por iso, no pasado mes de abril, Agasallo, unha iniciativa da CTNL  e PuntoGal decidiron poñer en marcha unha campaña para dar a coñecer produtos galegos (ou en galego) como suxestions de agasallos para diferentes ocasións: Aniversarios, festas ou calquera outro motivo. E o mellor xeito de visibilizalos e, precisamente, obsequialos aos gañadores dun sorteo. Ata este mes de decembro levamos regaladas todas estas cousas, que igual a alguén lle dan esa idea que lle falta para estas datas que xa temos enriba: 

 

  • Historias fascinantes da ciencia en Galicia, de Eduardo Rolland Etchevers e Manuel Rey é un álbum ilustrado cos fitos máis importantes da ciencia en Galicia.
  • Mochila grande “Brava Forte Valente” de Brétemas. Estudio Brétemas é un estudio de deseño con diferentes produtos en galego, dende téxtil, postais e láminas, ata cuncas ou botellas. 
  • O mundo está derrotado, de Familia Caamagno (vinilo). 
  • O xogo de mesa Vacaloura de Ozocogz que está pensado para aprender galego xogando. 
  • O volume de banda deseñada Francisco Fernández del Riego. O home que valía por mil de Antón Mascato e Pepe Carreiro, publicado por Galaxia.
  • A Cunca da Xeración X de Atlántica, tenda de Santiago que ten a súa web en .gal con produción plenamente galega en téxtil e outro tipo de menaxe. 
  • A recente recompilación de relatos publicada por Xerais baixo o título Miño
  • Suxeitalibros “Miña casiña, meu lar” no tamaño XL de Imprime3d. 
  • O disco “Acrópole” de Fillas de Cassandra dúo de rapazas que irromperon con forza este ano e están a soar e xirar moito ultimamente. 
  • Unha lámina relativa ao San Xoán de ASilvatiica, unha artista de orixe romanesa que vive en Arzúa. 
  • O libro de Catro Ventos Editora A lingua en futuro: a mocidade imaxina o 2050, onde dezasete persoas novas de eidos diversos falan de como ven a lingua na actualidade, imaxinan o seu futuro e comparten os desexos que teñen para ela. 
  • A toalla “Mareas” de Nikis, que é o resultado da inquietude e da experiencia adquirida dun equipo de traballo dedicado ó desenvolvemento de marcas dende 1994 e de expresión cultural galega que non teñen cabida noutros espazos.
  • O xogo de cartas As 7 familias galegas, de Alejandro Mosquera, arquitecto e artista plástico que deseñou esta versión dos xogos de cartas populares que en distintas épocas agruparon á sociedade segundo familias ligadas a un oficio.
  • Unha botella-cantimplora de Eailustra. 
  • O gran libro dos nosos montes, de Blanca Millán que é unha ilustradora e escritora que escribe en galego, castelán en inglés, editado por Cumio Editorial.
  • Mitogali II, o xogo de rol de Dornavela Edicións. O xogo está enteiramente en galego e fai unha viaxe poal mitoloxía galega. Dornavela Edicións é unha editora que xurdiu das inquedanzas de tres persoas e na que todas e todos teñen cabida.
  • O mandil de Lumecú, “O tren que me leva” de sarga algodón bordado. Lumecú é unha empresa de deseño téxtil que “recuperan o pasado para adaptalo ao día a día”.
  • O volume de Baía A linguaxe das plantas de Helena Haraštová con tradución de María Reimondez.
  • Para comezar ben o curso escolar unha axenda de Animosa, onde poderemos apuntar todos os acontecementos e citas..
  • O primeiro recopilatorio que publica Kiko da Silva, A Silveira.
  • O volume de Arca de Noe Vilar de Santos, un libro-CD Oceanoe: Travessia polo mar das Antelas
  • O xogo de cartas O xogo dos cogomelos, editado por MycoGalicia, mycogalicia.gal.
  • O último volume de Mortiña da editora de libros coruñesa,  Hércules Ediciones: Mortiña. Unha sorpresa marabillosa. Unha nena zombi que se comberteu en éxito internacional.
  • Unha novidade de Hugin e Munin: Luceiro da mañá, obra insigne da literatura traducida aquí ao galego por esta editoria.
  • Unha lámina de Acontravento dunha revisión de Castelao a traves do deseño de Pruden Tatuaxes.
  • A axenda de Luzes para comezar ben o ano. 
  • Un diario de lecturas de Irmás Cantoné.
  • Un Apalpador de Orgullo galego en colaboración coa empresa Tembra Quinteiro  
  • Unha caixa de galletas Xianas para darlle sabor e dozura á vida.
  • Un camión de madeira da Cooperativa Miudiño, que é unha cooperativa de traballo asociado sen ánimo de lucro, sen xerarquías e en igualdade .

Pódense mercar de xeito físico ou online. A CTNL escolleu con coidado estes regalos con intención normalizadora da lingua e da calidade do producto galego. Felices festas e felices agasallos en galego. 

E recordade que aínda se pode participar no sorteo de decembro nas redes sociais de PuntoGal e nas de Agasallo: 

Twitter https://twitter.com/punto_gal

Instagram https://www.instagram.com/puntogal/

Facebook https://www.facebook.com/puntogal

Twitter: https://twitter.com/AgasalloEu

Instagram: https://www.instagram.com/agasalloeu/

Facebook: https://www.facebook.com/AgasalloEu