Novas de interese

PuntoGal participa na asemblea anual dos GeoTLDs

O pasado mércores 6 de decembro tivo lugar, de xeito remoto, a asemblea ordinaria do grupo dos GeoTLDs para o peche do ano 2023. 

Do mesmo xeito que noutras reunións ordinarias, houbo unha serie de asuntos correntes, como a aprobación das contas anuais e o repaso de actividades dos membros, pero tamén algún outro punto, como a actualización dos estatutos para adaptarse a algúns cambios legais na sede do grupo, que está en Bruxelas. 

Por outra parte, empezouse a perfilar algún dos detalles do calendario do ano 2024, con reunións, grupos de traballo e repartos de tarefas para seguir traballando de xeito coordenado en ámbitos coma o márketing, a cibierseguridade, ou a representación das linguas minorizadas na rede. 

O geoTLD.group é unha asociación internacional sen ánimo de lucro. Representa os intereses dos dominios de nivel superior xeográficos que identifican unha cidade, rexión, lingua ou cultura. Os membros inclúen entidades gobernamentais, empresas e asociacións.