Novas, Novas de interese, Novas destacadas

PuntoGal e Agasallo sortean música, lectura e téxtil

PuntoGal e Agasallo poñen en marcha unha serie de sorteos de produtos galegos (e en galego) para todos os que nos seguen en redes sociais.

Participar é moi doado. Isto é o que hai que facer:
Seguir a PuntoGal e Agasallo nalgunha das seguintes redes:

Twitter https://twitter.com/punto_gal
Instagram https://www.instagram.com/puntogal/
Facebook https://www.facebook.com/puntogal
Twitter: https://twitter.com/AgasalloEu
Instagram: https://www.instagram.com/agasalloeu/
Facebook: https://www.facebook.com/AgasalloEu

Nelas verás unha publicación ou chío no que se fala dos regalos deste mes. O único que tes que facer é compartir e darlle a ‘gústame’ no post. Tedes ata o domingo 30 de abril ás 23:59 para facelo.

Cando remate o prazo, publicaremos nas mesmas redes o nome da persoa gañadora.

En calquera caso, se tedes dúbidas, aquí tedes as bases detalladas para participar.

E imos xa cos produtos deste mes. Temos lectura, música e unha bolsa para levalo todo:

1.Historias fascinantes da ciencia en Galicia, de Eduardo Rolland Etchevers e Manuel Rey é un álbum ilustrado cos fitos máis importantes da ciencia en Galicia publicado por Edicións Embora, editorial fundada en 1993 con máis de 500 títulos dos que practicamente a totalidade están en lingua galega. O libro conta 40 historias galegas sobre a ciencia, con temas tan interesantes como a invención da máquina multiplicadora por un galego ou que nos montes de Lugo habitaron mamuts. Nesta ligazón https://i.gal/iIgI3 tedes un artigo da divulgadora científica Iria Veiga a falar del.

2. Mochila grande “Brava Forte Valente” de Brétemas. Estudio Brétemas é un estudio de deseño con diferentes produtos en galego, dende téxtil, postais e láminas, ata cuncas ou botellas. Utilizan a fraseoloxía galega máis coñecida para os seus deseños e cun marcado acento feminista, e con produtos para muller, home e nenos.  Podédelas atopar en estudiobretemas.gal onde teñen a súa tenda online, alí venden os seus produtos e tamén teñen a opción de vales agasallo. Tede en conta que o día da nai está ás portas.

3.O mundo está derrotado, de Familia Caamagno (vinilo). É a nova descarga da tralla desta banda de Sigüeiro que levan xa doce anos animando as noites de todo o mundo. E chega fresca e acabada de facer, coma os produtos diante dos que posa Amador Arias na praza de abastos de Compostela. Aínda que as descargas e o streaming están moi ben para levar a música con nós a todas partes, nós traémosvos unha copia en vinilo.

Esta actividade que forma parte do acordo asinado entre a CTNL e PuntoGal, co seu proxecto Agasallo, no que PuntoGal quere, por unha parte, divulgar o traballo realizado polas empresas que os producen e, por outra, sortear algúns destes produtos entre aquelas persoas que compartan as publicacións e sigan as contas de ambas as organizacións.

A intención de ambas as entidades é darlles visibilidade a libros, música, téxtil, alimentación, artesanía ou calquera outra categoría de produto no que se empregue a nosa lingua na comercialización, a etiquetaxe ou no contido.

Por certo se queres seguir a PuntoGal noutras redes, recorda que tamén estamos aquí, aínda que sexa sen sorteos:

LinkedIn https://www.linkedin.com/company/puntogal/
YouTube https://www.youtube.com/channel/UCprW9A7Tg5Dp0-aWlK-LRkQ
TikTok https://www.tiktok.com/@dominio.gal
Mastodon: https://mastodon.gal/@puntogal

PuntoGal continúa co seu programa corporativo de apoio a iniciativas relacionadas coa lingua, a cultura e as TIC en Galicia. Entre as actividades realizadas figura o patrocinio dos Premios Paraugas do Clúster da Comunicación de Galicia, a organización dos Premios Spin-Off PuntoGal, a colaboración coas seleccións galegas de fútbol gaélico, a organización do certame de relatos coa Real Academia Galega, o soporte ao Museo do Pobo Galego no seu programa APOI de recuperación da memoria sonora de Galicia ou a aposta co Museo do Videoxogo de Galicia na súa sala dedicada á historia do videoxogo galego.

A Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua Galego é unha asociación nacida en 1996, que aglutina os/as profesionais da normalización lingüística en Galicia, botou a andar o proxecto Agasallo na Culturgal do ano 2013. Primeiro cun portal web específico e desde sempre nas redes sociais, o ánimo do proxecto mantívose inalterado: contribuír á difusión do traballo daquelas empresas e profesionais do ámbito cultural (mais non só) que visibilizan a lingua galega nos seus produtos e promover a elección de agasallos na nosa lingua.

Animádevos a participar!