Novas
PuntoGal colabora con InvestiGal na celebración do II Foro da Investigación Galega no Estranxeiro
Santiago de Compostela, 23 de abril do 2026 – Os próximos 15 e 16 de maio celebraranse no Centro Galego de Barcelona o II Foro da Investigación Galega no Extranxeiro, FIGaE, que unirá a persoal investigador galego de todo o mundo.
O II FIGaE, do que PuntoGal é patrocinador, constitúe un punto de encontro para investigadoras e investigadores que desenvolven a súa carreira tanto dentro como fóra de Galicia. O obxectivo é tecer rede, compartir coñecemento e reforzar o vínculo co ecosistema galego de I+D+i. O foro pretender crear lazos de unión entre investigadores de Galicia e do extranxeiro para intercambiar ideas, establecer relacións e difundir o talento, visibilizando o traballo científico no exterior sen perder a relación con Galicia.
A xornada comezará o venres 15 de maio ás 9 da mañá e rematará o día 16 de maio cunha actividade externa organizada pola Asamblea Cultural Galega de Barcelona, o Primavera Son, aberta a toda a comunidade participante.
Co obxectivo de promover a equidade e pluralidade de achegas ao coñecemento, o II FIGaE convidará a investigadores profesionais de diferentes áreas de estudo, evidenciando a interdisciplinareidade no sector da investigación da diáspora galega. Así, participarán Helena González Fernández, profesora titular da Universitat de Barcelona no Departamento de Filoloxía Galega e Portuguesa; Ana Dorrego Rivas, neurocientífica e investigadora posdoutoral na Universitat Autónoma de Barcelona e King’s College London; Tonina Ferrer, psicóloga e coach de benestar; ou Brais Estévez Villarino, doutor en Xeografía e investigador na Université Toulousé e moitos máis. O programa completo está na seguinte ligazón: https://i.gal/EALit
Ademais, para todos os asistentes do II FIGaE realizarase un sorteo de 2 vouchers e 1 obradoiro gratuíto sobre mellora de habilidades en comunicación científica mediante técnicas de storytelling.
Sobre PuntoGal
PuntoGal é a entidade xestora do dominio galego desde 2014. Constituída en 2006, desenvolve o seu traballo en tres ámbitos principais: xestión de dominios, representación de Galicia nos organismos de xestión da rede a nivel internacional e accións corporativas de apoio a iniciativas no ámbito da tecnoloxía, a rede, a lingua e a cultura. A día de hoxe hai en torno a 7.700 dominios .gal rexistrados. Para máis información: dominio.gal.
Sobre InvestiGal
InvestiGal é unha asociación sen ánimo de lucro que reúne persoal investigador en Galicia e no exterior para impulsar melloras no sistema de I+D+i, promover boas prácticas e apoiar a carreira investigadora mediante iniciativas de incidencia, divulgación e formación.