Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2023 | PuntoGal asinou un convenio con Red.es, a entidade a cargo dos dominios .es, a principios deste ano. Este convenio regula o intercambios de datos relativos aos dominios “.es” en Galicia e “.gal” en España. A resolución do 10 de marzo de 2023 contén o texto do convenio e está publicado no BOE do 16 de marzo de 2023: https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2023-6947
PuntoGal está a piques de rematar o seu primeiro informe do Observatorio da Rede baixo o auspicio da Deputación da Coruña, e que será visible na web creada para tal efecto, miradoiro.gal. Nesta web periodicamente iranse publicando estudos estatísticos sobre a rede en Galicia dende diferentes puntos de vista. O estudo serve para ofrecer unha información fiable sobre a presenza do galego na rede e para analizar en que lingua están redactados os contidos da mesma.
O traballo que ven facendo PuntoGal durante o último ano e medio é de desenvolvemento e xestión do observatorio, aportando recursos e persoal. Entre outros traballos, destacamos a creación de bases de datos que alimentarán o sistema que revelará as estatísticas do uso da lingua e a rede en galicia.
Estes ultimos meses, a entidade, foi recopilando datos a traves de diferentes medios. Entre eles destácanse os convenios asinados con outros rexistros de dominio que tamén operan en Galicia, como é o caso do .es.
Outra das entidades coas que se asinou colaboración para o desenvolvemento deste informe foi EUrid, o Rexistro Europeo para os Dominios de Intenet .vzw é unha asociación sen ánimo de lucro belga que xestiona os dominios .eu (Latin), .ею (Cirílico) e .ευ (Grego). Con eles asinamos un convenio para a cooperación no intercambio de información para aumentar o coñecemento do uso lingüístico do espazo do .eu. Aínda que con menor incidencia que outros TLDs, o dominio .eu tamén ten bastante presenza en Galicia.
Este informe contará coa colaboración de expertos en diversas áreas, que axudará a poñer en contexto a situación non só dos dominios .gal, pero tamén da lingua galega na rede. Entre elas, seguimos contando coa Biblioteca de Galicia, no marco do convenio de colaboración común asinado no 2018, de dixitalización dos dominios .gal para amplíar a colaboración e compartir os datos e procedementos das dúas partes.
Os plans de PuntoGal pasan por ir actulizando os resultados coa periodicidade que conveña cos seguintes obxectivos:
- establececer puntos de comparación significativos no tempo
- incluír variables xeográficas refinadas
- incluír variables xectoriais e demográficas
- analizar o uso de redes sociais nas webs galegas
- cruzar as variables máis interesantes e poder facer estudos ad hoc sobre algunhas delas, como as que teñen que ver coa ciberseguridade (presenza de certificados e chequeo de versións de CMS, etc)
Grazas ao apoio da Deputación da Coruña, este estudo puido saír adiante e continuar no tempo, na procura de datos máis específicos sobre a rede en Galicia e o uso do galego nesta.