Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2023.- Este venres 17 de novembro, ábrese unha nova etapa para os Premios Paraugas, que pasan a celebrarse na cidade de Ferrol. Nesta gala danse cita as e os profesionais e axencias máis destacadas de Galicia no campo do márketing e a comunicación e recoñécense os traballos máis innovadores e interesantes do ano anterior.
PuntoGal está presente na gala como patrocinador dos premios que recoñecen a labor desenvolvida no ámbito dixital. O director xeral do dominio, Darío Janeiro, entrega un dos premios no Teatro Jofre. Os membro do xurado destacaron a “elevada calidade dos proxectos desenvoltos no último exercicio” na comunidade galega nos eidos da comunicación, do márketing, da publicidade e do deseño.
Estes son os 55 finalistas que o xurado escolleu entre os máis de trescentos proxectos presentados este ano, nas seis categorías convocadas:
Categoría Impresión
Finalistas Premio Paraugas ao Mellor Traballo de Impresión en Papel
– Catálogo Qualität. Tórculo Comunicación Gráfica
– Estudios de Anime. Gráficas Anduriña
– Wunderkammer. Gráficas Anduriña
Finalistas Premio Paraugas ao Mellor Traballo en Gran Formato
– Aula Aberta á Tecnociencia. Imprimeverde – Universidade de Vigo
– É leite, é Leyma. Impresores galegos – Quattro idcp
– Espacio Seguro Hogar en Oficinas. VMAR – Metronoventa – Abanca Seguros
Finalistas Premio Paraugas ao Mellor Packaging
– Caixa Regalo “La Brújula”. Gráficas Salnés
Categoría Deseño
Finalistas Premio Paraugas ao Mellor Deseño Gráfico
– Mobalco. Cenlitros e Marcos Dopico
– Pack especial Centenario del RC Celta. Grupo 76 – Hijos de Rivera (Estrella Galicia)
– Y se a(r)mó la Gorda. As Peaky Branders – Outro Conto
Finalistas Premio Paraugas ao Mellor Deseño Industrial ou de Produto
– Parga. A-Emotional Light. Cenlitros
– Premio para Cátedra de Transición Enerxética. Jorge San Luis
– Lavelle Fireroad. Pablo Iglesias
Finalistas Premio Paraugas ao Mellor Deseño Dixital
– Web Moirai.Ingenyus Marketing Inteligente
– AR\DE Arquivo do Deseño Galego. Desoños
– Web Footfeel. Father™
Categoría Creatividade
Finalistas Premio Paraugas á Mellor Idea
– Crash Test Medicines. Wise – COFC
– Vigo Cuestas Adaptability. As Peaky Branders – Revista Cultural A Movida Vigo
– Non Cabreiroarse. Imaxe – Hijos de Rivera (Cabreiroá)
Finalistas Premio Paraugas á Mellor Campaña
– Campaña Turismo 2023. Idea Creatividad y Comunicación – Turismo de Galicia
– Eggie Revolution. Imaxe – Wovo
– The Perfect Guiri. Tío Phil – Brewdog
Finalistas Premio Paraugas á Mellor Produción (Craft)
– Arturo Amargo. La Bitter de Fábrica de Cervezas. Tony Le Brand – Hijos deRivera (Estrella Galicia)
– Beethoven – Muy Flexi, muchos cars. Recados Carmen – Flexicar
– Salvemos nuestros montes de los incendios. Chachachá Studio – Greenpeace
Finalistas Premio Paraugas á Mellor Campaña de Impacto Positivo
– Reto FalAI. Recados Carmen – Balidea e AtlanTTic Universidade de Vigo
– NoPack. Tony Le Brand – Hijos de Rivera (Estrella Galicia)
– Y se a(r)mó la Gorda. As Peaky Branders – Outro Conto
Categoría Márketing
Finalistas Premio Paraugas á Mellor Estratexia de Márketing
– Eggie Revolution. Imaxe – Wovo
– NoPack. Tony Le Brand – Hijos de Rivera (Estrella Galicia)
– Fontecelta sen filtros. Fontecelta
Finalistas Premio Paraugas á Mellor Acción de Branding
– Serfuja, a funeraria que prevén suicidios. Atalaya Comunicación y Publicidad
– Por qué somos del Dépor. Imaxe
– Fragmentos de Onte. Bodegas Martín Códax
Finalistas Premio Paraugas á Mellor Activación de Marca
– ¿Hacemos match? Bysidecar
– Planazos MEGA. Imaxe – Hijos de Rivera (MEGA)
– El Seguro tan tuyo como tu Hogar. Abanca Seguros – Verve Creative Group – Proximia Galicia – Metronoventa
Finalistas Premio Paraugas ao Mellor Uso do Social Media
– Reto FalAI. Recados Carmen – Balidea e AtlanTTic Universidade de Vigo
– Wovo Revolución Social. Imaxe
– #NonCabreiroarse: los juegos del agua. Imaxe – Hijos de Rivera (Cabreiroá)
Categoría de Comunicación
Finalistas Premio Paraugas á Mellor Estratexia Global de Comunicación
– Himno Oliveira dos Cen Anos. RC Celta
– Retorna Cualifica Emprego. Siete Olas Comunicación e Las Dos. Fundación Venancio Salcines
– Bocatas Electorales. Ahao Studio e López Casanegra Comunicación. Down Coruña
Finalistas Premio Paraugas á Mellor Práctica/Estratexia na Comunicación da Responsabilidade Social Empresarial
– Una silla para uno más. Bap Conde. Grupo Malasa
– Orixe Zeta. Nasas – Gadis e Xunta de Galicia
– Unha historia de creatividade transformadora. As Peaky Branders
Categoría Eventos
Finalistas Premio Paraugas ao Mellor Evento
– Festival Creativa. Chachachá Studio – Galería Maraca
– Eje Atlántico Loves Generali. Elemental Street (Recados Carmen)
– Lanzamento serie Bosé en SkyShowtime. Freebox
Finalistas Premios Paraugas ao Mellor Festival
– O Son Do Camiño. Esmerarte
– Festival PortAmérica. Esmerarte
– SON Estrella Galicia Posidonia. Hijos de Rivera
PREMIOS ESPECIAIS
Finalistas Premio Paraugas Novos Talentos
– En el Valle de la Perserverancia. Isaac Gulías Otero e Lucía Freire Boubeta
– Retratados. Elena Bengoa Fernández
– EspíritudeGnomo. Paola Reboreda Campos
Sobre o Cluster de Comunicación de Galicia
O Cluster de Comunicación de Galicia, fundado no ano 2007, representa na actualidade a cadea de valor da comunicación de Galicia integrada polos sectores da impresión, deseño, creatividade, comunicación, márketing e eventos. Representa ao 20,6% do emprego sectorial e preto do 40% da facturación sectorial. O obxectivo da entidade é representar a estes sectores, para poñer en valor as capacidades dos seus profesionais, mellorar a súa competitividade e potenciar a creatividade e innovación para convertelos en referentes do mercado nacional e internacional.
Sobre PuntoGal
PuntoGal é a entidade xestora do dominio galego desde 2014. Constituída en 2006, desenvolve o seu traballo en tres ámbitos principais: xestión de dominios, representación de Galicia nos organismos de xestión da rede a nivel internacional e accións corporativas de apoio a iniciativas no ámbito da tecnoloxía, a rede, a lingua e a cultura. A día de hoxe hai máis de 6.900 dominios .gal rexistrados. Para máis información: dominio.gal.