Santiago de Compostela, 21 de novembro de 2023.- O pasado venres, 17 de novembro entregáronse no Teatro Jofre de Ferrol os Premios Paraugas, que celebraron a súa VIII Edición. Na gala déronse cita as e os profesionais e as axencias máis destacadas de Galicia no campo do márketing e a comunicación para recoñecer os traballos máis innovadores e creativos do ano anterior.
PuntoGal, un dos patrocinadores principais do evento, estivo representado no acto polo seu director xeral, Darío Janeiro, quen entregou un dos premios, e polo vicepresidente do dominio, Camilo Regueiro.
Estes son os gañadores que o xurado escolleu entre os máis de trescentos proxectos presentados este ano, nas seis categorías convocadas:
Categoría Impresión
Premio Paraugas ao Mellor Traballo de Impresión en Papel
– Estudios de Anime. Gráficas Anduriña
Premio Paraugas ao Mellor Traballo en Gran Formato
– Aula Aberta á Tecnociencia. Imprimeverde – Universidade de Vigo
Premio Paraugas ao Mellor Packaging
– Caixa Regalo “La Brújula”. Gráficas Salnés
Categoría Deseño
Premio Paraugas ao Mellor Deseño Gráfico
– Mobalco. Cenlitros e Marcos Dopico
Premio Paraugas ao Mellor Deseño Industrial ou de Produto
– Lavelle Fireroad. Pablo Iglesias
Premio Paraugas ao Mellor Deseño Dixital
– AR\DE Arquivo do Deseño Galego. Desoños
Categoría Creatividade
Premio Paraugas á Mellor Idea
– Non Cabreiroarse. Imaxe – Hijos de Rivera (Cabreiroá)
Premio Paraugas á Mellor Campaña
– Eggie Revolution. Imaxe – Wovo
Premio Paraugas á Mellor Produción (Craft)
– Salvemos nuestros montes de los incendios. Chachachá Studio – Greenpeace
Premio Paraugas á Mellor Campaña de Impacto Positivo
– Reto FalAI. Recados Carmen – Balidea e AtlanTTic Universidade de Vigo
Categoría Márketing
Premio Paraugas á Mellor Estratexia de Márketing
– Fontecelta sen filtros. Fontecelta
Premio Paraugas á Mellor Acción de Branding
– Fragmentos de Onte. Bodegas Martín Códax
Premio Paraugas á Mellor Activación de Marca
– ¿Hacemos match? Bysidecar
Premio Paraugas ao Mellor Uso do Social Media
– #NonCabreiroarse: los juegos del agua. Imaxe – Hijos de Rivera (Cabreiroá)
Categoría de Comunicación
Premio Paraugas á Mellor Estratexia Global de Comunicación
– Himno Oliveira dos Cen Anos. RC Celta
Premio Paraugas á Mellor Práctica/Estratexia na Comunicación da Responsabilidade Social Empresarial
– Unha historia de creatividade transformadora. As Peaky Branders
Categoría Eventos
Premio Paraugas ao Mellor Evento
– Eje Atlántico Loves Generali. Elemental Street (Recados Carmen)
Premios Paraugas ao Mellor Festival
– Festival PortAmérica. Esmerarte
PREMIOS ESPECIAIS
Premio Paraugas Novos Talentos
– Retratados. Elena Bengoa Fernández
Sobre o Cluster de Comunicación de Galicia
O Cluster de Comunicación de Galicia, fundado no ano 2007, representa na actualidade a cadea de valor da comunicación de Galicia integrada polos sectores da impresión, deseño, creatividade, comunicación, márketing e eventos. Representa ao 20,6% do emprego sectorial e preto do 40% da facturación sectorial. O obxectivo da entidade é representar a estes sectores, para poñer en valor as capacidades dos seus profesionais, mellorar a súa competitividade e potenciar a creatividade e innovación para convertelos en referentes do mercado nacional e internacional.
Sobre PuntoGal
PuntoGal é a entidade xestora do dominio galego desde 2014. Constituída en 2006, desenvolve o seu traballo en tres ámbitos principais: xestión de dominios, representación de Galicia nos organismos de xestión da rede a nivel internacional e accións corporativas de apoio a iniciativas no ámbito da tecnoloxía, a rede, a lingua e a cultura. A día de hoxe hai máis de 6.900 dominios .gal rexistrados. Para máis información: dominio.gal.