Axenda

CONVOCATORIA ASEMBLEA 2024

Pola presente, convócase a Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación PuntoGal que terá lugar

Data:  20 de setembro de 2023

Hora: 

1ª Convocatoria: 16:30 horas (CEST)

2ª Convocatoria: 17:00 horas (CEST)

Lugar de Celebración: Sala Multiusos do Museo do Pobo Galego, Costa de San Domingos, s/n, Santiago de Compostela, e conexión online para quen non se poida achegar

 

No caso de que calquera persoa asociada non poda acudir,  seguirá existindo a posibilidade de delegar o seu voto (delegación de voto) enviando o documento cuberto e dixitalizado por correo electrónico (info@dominio.gal), antes do luns, 24 de xuño de 2024. Cada socio poderá ter un máximo de 1 voto delegado, é dicir, o seu voto persoal máis outro en representación daquel membro que lle outorgue a delegación do voto ao seu favor.

 

Orde do día:

  1. Aprobación se procede da acta da sesión anterior
  2. Informe sobre a actividade da Xunta Directiva
  3. Aprobación, se procede, do exercicio económico do 2023
  4. Aprobación, se procede, do orzamento de 2024
  5. Convocatoria de eleccións en 2025
  6. Asuntos en trámite
  7. Rogos e preguntas

 

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2024

 

Manuel González González – Presidente