Pola presente, convócase a Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación PuntoGal que terá lugar
Data: 20 de setembro de 2023
Hora:
1ª Convocatoria: 17:30 horas (CEST)
2ª Convocatoria: 18:00 horas (CEST)
Celebración: Cersia Empresa, e conexión online para quen non se poida achegar
No caso de que calquera persoa asociada non poda acudir, seguirá existindo a posibilidade de delegar o seu voto (delegación de voto) enviando o documento cuberto e dixitalizado por correo electrónico (info@dominio.gal), antes do 19 de setembro de 2023. Cada socio poderá ter un máximo de 1 voto delegado, é dicir, o seu voto persoal máis outro en representación daquel membro que lle outorgue a delegación do voto ao seu favor.
Orde do día:
- Aprobación se procede da acta da sesión anterior
- Proclamación de candidaturas
- Informe sobre a actividade da Xunta Directiva
- Aprobación, se procede, do exercicio económico do 2022
- Aprobación, se procede, do orzamento de 2023
- Asuntos en trámite
- Rogos e preguntas
Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2023
Manuel González González Presidente